lunes, abril 18, 2011

Burofax



X. levaba vinte anos traballando para a axencia de noticias máis importante do país. Si, a mesma. A da efe de que te...Estaba dispoñible full time para cubrir coa súa cámara todo tipo de eventos a calquera hora nun entorno de douscentos kilómetros. Ela soa podía cubrir as necesidades da axencia para toda Galicia. En vinte anos déralle tempo a coñecer a todo o cadro de persoal e a querer e facerse querer por tod@s. Un día recibiu un burofax no que se lle indicaban as novas condicións de traballo. Un algo así como mire vostede, traballadora anónima que seica traballa con nos dende hai uns anos, resulta que a partires de agora se quere facer fotos para nós ímosllas pagar a seis euros pero só pode facer unha cada quince días e correrán pola súa conta todos os gastos de desprazamento e por suposto de material de traballo e comidas. X. tentou reunir un grupo de traballador@s afectad@s para demandar á empresa. Unha empresa que ¡é publica!, e que de socato aplica un ERE nada encuberto baixo a falcatruada da invención dun leonino contrato chamado ¡AUTÓNOMO ECONÓMICAMENTE DEPENDENTE! Cando mo contaba co seu sorriso de toda a vida ben asegurado contra riscos altamente perigosos a min íaseme formando na imaxinación un deforme e monstroso estado co seu big stick berrando aquilo de speak softly and carry a big stick, you will go far. X. xa non fai fotos para a axencia M, de merda (sic). Tampouco para a web na que atopara un traballo para ir tirando, porque ¡como non!, atoparon un bolseiro que traballaba pola metade do número primo que representaba a súa paga. Non é a primeira vez que un@ amig@ me conta que recibiu tamén un burofax para notificar un destes despidos románticos onde os haxa. O mal gusto é fillo lexítimo destes proxenetas da economía que logo de papar coma porcos nos tempos de fartura ceiban a súa merda sobre os bos e as xenerosas que tiran para adiante con optimismo. E aínda lles pagamos a estas cascudas por dar conferencias!

3 comentarios:

Voz en off dijo...

Canta razonciña tes. O de EFE foi tremendo...

doceasubio dijo...

Moi interesante reflexión. Antes ti llo fixeches a outro que estaba, e outra llo fará a quen a ti cho ten feito. Así funciona até que un feliz día, ou non, rebente dunha puta vez toda esta infección

carrocetas dijo...

Efectivamente, sigue sendo unha gran amiga, profesional e traballadora, todo un referente nesta provincia ateigada de caciques bos e curas malos.
Esta muller é un faro no mar interior, pese aos paus que recibiu de Madriz.
Todo o que diga é pouco, deixou o listón moi alto no gremio da información diaria, pero está visto, ás empresas e ós políticos só lles interesa o persoal maleable.
Parabéns polo blog.