viernes, julio 28, 2006
A viñeta e o mendigo
O mendigo portaba o consabido cartel que explicaba a causa da súa situación. Non adoito pasar de largo ignorando estas mensaxes aínda que teño que confesar que tampouco son dos que deixan sempre algunha moeda. O que me chamou a atención foi o contido do cartel "ayudenme, quiero regresar a mi país". Non me detiven moito porque non son do gusto nin dos mendigos nin dos vendedores ambulantes. É certo. Hai só uns días cando paseaba tranquilamente pola Rúa do Príncipe, un vendedor de tabaco púxose a berrarme uns insultos horribles. Debeu ser que interpretou na miña ollada algún síntoma de rexeitamento ou desprezo. A desazón de hoxe ante o mendigo e o seu carteliño foi porque a escena era exactamente a mesma que hai uns días vin nunha viñeta de humor dun xornal. Naquel intre, o chiste non me fixo nin pizca de gracia. Non está ben chotearse co sufrimento dos demáis, por moito que esté de moda. Pero o desta tarde, así, en vivo e en directo, fíxome reflexionar. ¿que foi antes, a viñeta ou a realidade? Supoño que a viñeta. Non podo imaxinar a un humorista gráfico pirateando a idea dun pobre mendigo. Esta opción daría para outra reflexión. Ben, se antes foi a viñeta, que xa non era nada graciosa, suponse que o mendigo foi o que calcou a idea. Reflexións: os mendigos teñen que botar man de operacións de merchandising cada vez más complexas para chamar a nosa atención. Se queren "vender" o seu producto (non esquezades que nos están vendendo algo moi valioso, nin máis nin menos que a tranquilidade de conciencia que implica a crenza de estar contribuindo a felicidade de alguén) teñen que convencernos de algún xeito, porque estamos tan afeitos á miseria que xa a consideramos parte do mobiliario urbano. E o odio ó inmigrante é tan poderoso que se supón que calquera pagaría para que marchen por onde viñeron. Eles mesmos empregan este odio contra si mesmos para afloxar os petos dos cidadáns. O inmigrante xa ten interiorizada a súa condición de apestado e está disposto a empregar esta imaxen de si mesmo para pedir polas rúas. Penseis estas e outras cinco mil estupideces máis, e ata estiven a piques de facerlle un retrato. Mágoa, porque poderíades comprobar que o mendigo tiña tanto de inmigrante coma mín.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Duas cousas: a primeira, estou encantada co teu blog. Interesantísimo! A segunda, non fai nin 50 anos, os emigrantes dos que falas non eran outros que os galegos que chegaban á diaspora e eran ollados coa mesma mirada da que ti falas. Non cambia tanto o mundo, cando semella que cambia.
Publicar un comentario