miércoles, septiembre 20, 2006

¿acceso libre ao coñecemento? (I)


Levamos moito tempo oíndo falar da sociedade do coceñemento e da información para referirnos ao momento actual. Falso. É un subterfuxio máis, deses que parece que se van consolidando para que unha chea de representantes da terceira cultura se poñan a inundar librerías e páxinas web con interminables discursos sobre o tema. A pouco que nos metamos na cuestión decatámonos da grande mentira. Os medios máis próximos ao cidadán (prensa escrita, radio, televisión) presentan unha información sesgada e xa "dixerida" que impide a reflexión precisa para a construcción de calquera pensamento propio. Pero no mundo do libro xa hai tempo que non son os intereses culturais e intelectuais de autores, editores, libreiros, etc. os que manexan o sector; os criterios económicos vixentes no actual sistema de producción regulan tamén o mundo das editoriais. Pero todo pode ir a peor. Se André Schiffrin nos conta verdade, que unha xa non sabe se o que ten entre mans é un ensaio ou unha novela de ciencia ficción, o sector editorial francés acadou tal grao de concentración e monopolio que xa apenas queda marxe para a publicación "independente". As principais firmas están relacionadas coa producción de armas. Tremendo, hoxe publico a Houellebecq, por exemplo, e mañán póñome cos novos misiles táctico-de ataque Tomahawk. Ben mirado ten moito que ver, sí que é verdade. Mais que recomendar a lectura deste libro faríallo chegar a Michael Moore, atoparía un guión extraordinario para a segunda parte de Fahrenheit 9/11 (por certo aquí o título acaeríalle moito mellor).
Logo de ler este libro atopo na blogosfera que Reed Elsevier, propietario da principal editorial científica del mundo, Elsevier, que publica algunhas das principais revistas máis prestixiosas, está relacionada coa firma que organiza a feira de armamento máis importante do mundo e tamén a Feira do Libro de Londres.

4 comentarios:

torredebabel dijo...

o mundo todo ten apenas uns poucos donos que nos minten canto poden. E o malo non é iso. O malo é que nos, a meirande parte do tempo, creemos.

Anónimo dijo...

Ese tal Houellebecq, que tal é? Paga a pena lelo ou é o típico bluff da literatura francesa?

Ana Bande dijo...

O que más me gustou é Plataforma. Estase a estrenar agora no teatro. E unha novela moi ben artellada. Ven de publicar "A posibilidade dunha illa". Tema completamente diferente, futurista. Gustoume menos, pero teño pendiente volver ao texto porque me pillou en mal momento e estou segura de que é unha obra boa. Saúdos.

Anónimo dijo...

O que nos conta Schiffrin non é novo, pode que si o volume, a diseminación do centro. Dende a perspectiva dos que nos adicamos á bibliote-documentación é un tema que nos debería preocupar, e moito, á vista do papanatismo tecnocientífico acrítico que a miúdo se da entre moitos profesionais da información e a documentación.Teño matinado niso, mesmo poido dicir ca miña bitácora nasceu desta angueira por orientarme nesta leira onde todas as vacas son neghras.

PS. O Houellebecq ten apañado críticas a eito, nun e noutro sentido. Non sei o que quer dicir "típico bluff da literatura francesa", mais compre, sempre, transitar, ter a propia experiencia.Pódese comezar por " Ampliación del campo de batalla" para logo entrarlle a Particules élémentaires. O home sen atributos para a fin do milenio:eficacia económica e potencial erótico ou a insuficiencia para amar do home isolado, escindido entre a fruición sexual e a mera reproducción da especie...En fin..