lunes, septiembre 04, 2006

Anécdotas na biblioteca...


Algúns estudantes son tan ben pensados que imaxinan que @s bibliotecari@s coñecemos todos e cada un dos libros que gardamos (non estaría mal). Así se entende o que lle aconteceu ao meu compañeiro non hai moito cando un rapaz lle preguntou:
-¿Pódesme prestar o Madison? (suponse que está a pedir un coñecido manual de química ou vai ti saber).
O compañeiro, que é moi educado e ocorrente lle contestou:
-¿Cal, o Square Garden?
Velaquí a magnífica contestación do estudiante despois de dubidar un rato:
-....Hummm, non lembro ben os apelidos..
Reflexión persoal (absterse técnicos de calidade e directivos obsesionados coa informatización)
Estas cousas pasaban na era da comunicación real. No paradigma virtual que nos cega, as transaccións libro-lector-bibliotecario son resoltas pola aplicación informática de moda e xa non se precisa máis que unha man que prema o rato e un brazo que achegue o libro ao lector; para evitar erros no proceso contamos cun manual de procedemento que nos indica, paso a paso, o proceso da entrega do libro ao lector. Non emprego o termo "usuario" porque aparte de que non me gusta, teño comprobado o mal que lles senta aos nosos mellores lectores o seu novo nome colectivo.
(Isto vai continuar...)

3 comentarios:

torredebabel dijo...

xenial!!! moitas desas conta a miña nai, tamén bibliotecaria acá en Bos Aires.

Ana Bande dijo...

Torredebabel,
Moito me alegra que estés ahí, sempre animándome, se sigo con esto é moito por culpa túa porque dalgunha forma síntome obrigada a darlle de comer a este novo cometempo que me ten "enganchada". Grazas de novo, mentras estés ahí eu seguirei poñendo cousas neste espazo...Ah! agora espero que nos contes algunha desas que lle ocorreu á túa nai...Apertas.

torredebabel dijo...

é un fenómeno de retroalimentación, entón porque eu so veño a cotío guiada pola certeza de que atoparei marabillosas historias, fermosas alfaias de terras lonxanas que se non fora polos teus textos nunca coñecería e, sobre todo, porque sempre, todos os días, moito aprendo acá. Graciñas!