V E R G O N Z O S O . . .
Primeiro bombardeamos o seu país, que total xe era o máis pobre do mundo, matamos ás súas familias e logo facemos un programa de axuda para que os pobriños aprendan a ler.
Todo pode ir a peor...A Conferencia da Casa Blanca sobre a alfabetización mundial patrocinada pola Unesco. Non teño comentarios. Aquí vos deixo parte do discurso da Bibliotecaria máis estrafalaria do mundo, que ten moito que dicir de alfabetización.
La alfabetización tiene importancia fundamental para la fortaleza de una familia. Cuando los padres saben leer y pueden leerles a sus hijos, los hijos se convierten en lectores desde una temprana edad; cuando madres y padres pueden leer las etiquetas de los alimentos y seguir recetas médicas, mejora la salud de toda la familia; y cuando un padre puede leer y escribir lo bastante bien como para tener un empleo productivo, la familia puede ser económicamente autosuficiente. La alfabetización hace más fuertes tanto las familias como las comunidades.
4 comentarios:
No te hagas mala sangre: piensa que las amapolas que crecen en las tierras de Afganistán tienen esos efectos narcotizantes. Familia, religión, tribu: ¡qué horror!. ¡QUé individualista me estoy volviendo!
claro que si, a alfabetización é unha ferramenta moi poderosa. Por iso hai tanto analfabeto no mundo...
Eu traducin para UNESCO Brasil discursos de Koichiro Matsuura, un xaponés que presidía -e non sei se preside aínda- a UNESCO cando se deu o proceso de reincorporación dos Estados Unidos á organización, da que estivo ausente bastantes anos.
Polo que se desprende dos discursos, sempre tan políticamente correctos, o maior interese na participación dos EUA viña da importante aportación económica que traería de seu nun momento no que se precisaba unha reforma profunda da sede de París por motivos de seguridade. Así como o ledes.
E por eses mesmos discursos, que coincidían tamén coa guerra en Irak, víase claramente que a UNESCO sempre ía por detrás -como a ONU en xeral- non só pola dificultade da súa encomenda senón pola impericia burocrática que lastra o funcionamento desas institucións.
Coincido con torredebabel no comentario i engado, brevemente para non abusar, que me resulta moi pintoresco ese vicio dos gobernantes de mandar ás súas esposas a facer labores culturais e humanitarias. Espero que pronto sexan as mulleres as que gobernen i envíen ós maridos para estas tarefas, non porque a cousa vaia mellorar sustancialmente, senon porque así quitarei da cabeza a idea de que a anécdota ten un punto machista: ¿chamaranlles ós homes Primeiro Cabaleiro así como hoxe lle chaman Primeira Dama? Devezo por sabelo.
Perdón pola extensión...
Creo que o post inicial non era un ataque a alfabetización senon a un tipo de alfabetización criada pola familia, a relixión e a tribu. Claro que a alfabetización está ben, pero supoño que haberá algo máis que ler o corán movendo a cachola para atrás e para adiante co fin de marear o pensamento e esnaquizalo. Ou ler a Vulgata e ningunha máis versión por se acabamos vendo desviacións. Ou andar a voltas coa cábala coma si as verbas encerrasen algo máis do que amosan por fóra. Ou simplemente por ler o que queren que leamos. Non. Eso non é alfabetización. Ademáis non todo vai ser alfa e beta. Hasta o Omega, todo é porco.
Publicar un comentario