Canastro engulido por casa vermella
O fondo azul antes era o mar...
A este tipo de intervencións urbanas chámanlle feísmo, ao mellor querendo facer destas detestables actuacións unha especie de movemento artístico de vangarda. Mágoa, pero non, estes atentados á estética simplemente confirman o total desprezo e descoñecemento que temos do noso patrimonio e a total insensibilidade coa conservación do mesmo. Ás veces semella que estamos tan afeitos a estas aberracións constructivas que xa non reparamos na degradación ambiental que supoñen, senón non se explica a súa proliferación. A imaxe do "canastro eengulido por casa vermella "está localizada nunha das nosas vilas mariñeiras que hai tempo, segundo amosan as fotografías antigas que se expoñen nas súas baiucas, tiña sido das máis pintorescas das Rías Baixas, Portonovo. Hoxe é tan só un exemplo entre miles da extinción do sentido común na remodelación e adaptación dos espazos ás novas necesidades. Esta dexeneración da estética na construcción atópase maxistralmente representada tamén no ámbito urbano. A cidade de Vigo ofrécenos os exemplos máis sobresaíntes. Convídovos a saír de paseo coa cámara unha tarde de sol, volveredes á casa cunha reportaxe completísima de aberracións constructivas. A segunda foto representa a destrucción da perspectiva dunha rúa que remataba cunha maravillosa vista da ría mediante a construcción dun dos edificios máis espantosos, o hotel Bahía. O desprezo que esta cidade manifesta cara o mar merece un estudio en profundidade.
Máis do mesmo en El feísmo en Galicia.
5 comentarios:
El problema del feísmo en Galicia es de tal magnitud que se puede decir que salvo lugares excepcionales el conjunto tiende al desastre. No sé siquiera cómo pueden hacer fotos hermosas para la publicidad turística sin apoyo de Photoshop. Sólo basta acercarse hasta Asturias para corroborarlo.
¿Alguén imaxina que estivese permitido chegar á fachada dos edificios públicos e facer pintadas ou esfregar por elas o lixo? ¿Coller calquera ben público e "realizar unha intervención"? ¿Cómo é posible que o ben común no que vivimos sexa tan doadamente deteriorable?
A verdade é que o mal gusto que de continuo se nos presenta diante dos ollos por parte de arquitectos e sobre todo, constructores, é delictivo.
E sobre o que dis do mar, nas cidades que non queren vivir, coma Vigo, de costas a el, constrúen paseos marítimos no que ninguén pode ver ó mar se non se encarama á baranda, coma na Coruña.
¿Por que é tan asequible e asumible o mal gusto?
Saúdos
(Perdón pola extensión, pero é que o asunto me cabrea)
A miña profesora de Historia da Arte dicía que o Bahía era coma un baño feito volto do reves, co de dentro para fora.
Se houbera un tremor e desapareceran todos os edificios de Vigo, perderíamos moito da nosa memoria, pero ahbería desculpa, non coma agora, e podería facerse ben desde o comezo.
Ou se cadra sería ainda peor, ¿quen sabe?
Aparte de que o termo feísmo é moi perverso (non hai "bonitismo") e non se fixa no verdadeiro problema que é de ordenación e de control por parte da sociedade e da administración.
O caso de Vigo resulta tremendo porque sí que perdeu a oportunidade de facerse ben urbanísticamente, con rúas ben articuladas, espacios públicos, etc.
Existiu unha proposta de Plan Urbano para Vigo de Antonio Palacios, nos anos 30 que resolvía ben a cidade. Pero como soe pasar non lle fixeron caso e así temos o que temos.
recomendo a galería de fotos de feísmo no blog: www.choiva-azeda.blogspot.com, non ten desperdicio.
Son 200 fotografías recollidas a través dun concurso fotográfico da Asociacion Cultural Choiva Azeda das Pontes (Coruña).
Publicar un comentario