domingo, noviembre 05, 2006

Libros así...NON, POR FAVOR.


Alguén me comentou a existencia do libro "Olores e sabores do saber" cando publiquei a foto de Roberto Ribao. O comentarista anónimo dicía que a foto de Roberto lle lembraba as que aparecían neste libro e me pedía que publicase algunha. Pois aquí está un exemplo. Teño que dicir que non hai color. Nada ten que ver a experiencia de Roberto, moito máis sutil e profunda, con estas que son un atentado á estética e á propia arte fotográfica. Pertencen a un libro (unha desfeita dende logo) editado pola Universidade de Vigo e que esta institución emprega para agasallar a diversas personalidades. Estou de acordo co comentarista porque eu tampouco entendo a participación de Carlos Casares no proxento. Malia a miña pasión polo libro non dubidaría agora mesmo en desfacerme de toda a tirada deste que vos presento. Primeiro, non creo que deba editarse un libro co único obxectivo de servir de agasallo. Si a Universidade quere agasallar libros non ten máis que encargar unha edición de luxo dalgún dos sobranceiros escritores, científicos, traductores, profesores ou técnicos que temos na casa. Gonzalo Navaza, Anxo Angueira, Eva Almazán (traductora de Brooklin Follies), Arturo Leyte, Teresa Caneda, Beatriz Suárez, María Jesús Fariña, Belén Martín, Jesús G. Maestro, e un longo etcétera. Por outra parte, xa son demasiados libros...que dixo Zaid, un ensaio que recomendo para os que só teiman por publicar.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Todo libro ten dereito a ser lido ou visto.Éste, e outros peores,tamen. O qeu impacta deste en concreto e o uso da imaxe mais algun que outro libro sin imaxes pode ser moito peor co exemplo que pos.Ainda que coincido contigo no comentario penso que este e outros enxendros tamen poden reflectir no futuro o mal uso dos cartos publicos, a mentalidade do momento,o atraso ou non no uso das tecnoloxías da imáxe, a prefencia arcaizante polo uso do collage fronte a outras posibilidades,etc... Estou pensando nas multiples obxectos,exposicións e eventos sobre o Kirtch ou na propia estética do sr. Almodovar.

Anónimo dijo...

Qué grande es, Ana. Ése era o libro. Algún da equipa anterior mesmo lle pareceu ben. O que son os servidumes do poder.

Anónimo dijo...

Non concordo coa idea de que todo libro ten dereito a ser lido ou visto. Non. Non todos os libros merecen a pena: é máis; eu creo que algúns libros non deberían ser feitos.
E aínda que non son devoto almodovariano, coido que o Kitsch non é necesariamente mala opción estética. Peor para mín son os engaños, a solemnidade académica, ou a vacuidade postmoderna. O kitsch polo menos é divertente.