jueves, enero 04, 2007

Grafiteiro vigués


(Foto: subacuatica.com)
Grazas a Cambote chego aquí. Alégrame coñecer a Nanno, o autor dos chocos que se reproducen por todo o noso Vigo e ao que vemos na foto en plena acción. Gústanme estas intervencións artísticas porque humanizan as nosas cidades cada vez máis grises e frías. Ademáis, moitos dos debuxos conteñen mensaxes ben interesantes, só se precisa querer escoitar. Aínda que no comezo foi unha manifestación totalmente transgresora, hoxe, o graffiti xa entrou na zona de perigo. Meter estas obras nos museos non é outra cousa que rachar co seu sentido e desvirtuar totalmente a mensaxe. A maldita posta en valor tan de moda e que terminará por quitarlle o cheiro ao mesmo inferno...

2 comentarios:

cambote dijo...

bueno... respostando: teño que pedir desculpas por non incluír nin de onde saquei a imaxe nin quen é o autor da obra gráfica.

Gústame moito o Nano, si. O non so podemos velo en Vigo se non en Madrid tamén.
vaia por dios todo: que grazas polo complemento. E tamén opla visita.

R.R. dijo...

Que pasada o Nano este...