viernes, diciembre 22, 2006

Civilización vs. Destrucción

(Foto: tabliña con escritura cuneiforme. O territorio do actual Iraq foi o berce da nosa civilización. A súa destrucción no pode significar outra cousa que o seu fin.Foto: proyectonautilus.com.)

Xa tiña ganas de volver a este recuncho de tranquilidade e reflexión. Estes días as miñas lecturas foron un tanto apocalípticas e seguramente non as comentaría aquí se non se produciran novas tan desacougantes. O aforcamento de Sadam é o agasallo que Papá Noel - o mister danger que diría Chávez- tiña preparado para este nadal. Moitas conciencias quedarán tranquilas, claro que si. Forma parte da derradeira moda de agasallo alternativo que serve para aliviar a nosa mala conciencia. ¿que máis ten que morran cada día cen ou duascentas persoas no país de Sadam como consecuencia da irreversible situación de violencia que o Tío Sam levou un día envolta nunha bandeira de barras e estreliñas de colores? Non son días para estar tristes, e ademais é máis fácil así, ahh! ¡que liberación para as atoadas mentes dos que queren ser cada día máis simples! ¡o culpable está aí, coa corda ao pescozo! A galiña segue a estar cega, para iso estan a traballar tantos mister danger no mundo. Lembro cando o do Prestige tamén a cegueira colectiva. Contáronme que un home nunha praia enchoupado de merda ata os xeonllos berraba indignado: - ¡no veo chapapote por ninguna parte! ¿dónde está esa contaminación de que tanto hablan para fastidiar a Rajoy?

Fernando Báez é seguramente o home que máis sabe sobre destrucción de libros e bibliotecas. A súa obra "Historia universal de la destrucción de libros" é unha auténtica historia universal da infamia. A súa propia vida estivo marcada por estarrecedoras experiencias como o asolagamento da biblioteca na que vivía de neno polo desbordamento do río Guaraní. Os seus libros son o resultado dunha laboriosa investigación sobre a destrucción e tamén unha reflexión profunda sobre as causas deste fenómeno que é tan antigo como o propio libro. Non pode haber unha lectura máis de actualidade. As épocas máis avanzadas foron tamén as que máis libros queimaron. Hoxe, na Sociedade da Información e do Coñecemento da que tan fachendosos nos amosamos prodúcense tamén os fenómenos de destrucción de información máis vergonzosos.

Máis información:
Sobre a destrución do Iraq: Iraq, Guerra y Ocupación, do profesor Manuel Cáceres Sánchez.

1 comentario:

cambote dijo...

A nosa civilización ten un compoñente destructivo moi importante, de aniquilación e predación. Que digo a nosa civilización: o ser humano!!. non creo nos lost paradise.
Mrs dangers ten habido moitos e moitos máis haberá; cando ardeu a biblioteca de alexandría -perda irreparable- debeu para moitos significar a morte da cultura, ou un duro golpe... e aquí seguimos.
Non creo que teñamos que nos poñer "catastrofistros", o ser humano é capaz de todo iso e máis. Vivir nun estado de alarma permanente non me gusta, o que non quere dicir, claro, que debamos permanecer impasibles, o que pasa que ese alarmismo me lembra o estado no que vive esa xente que a cada pouco ten na boca: "que se rompe españa!!". E non me gusta.
Interesante post e interesante blog.
Grazas pola achega.