domingo, febrero 25, 2007

Orhan Pamuk. Me llamo rojo.



Por fin comezo de novo a entusiasmarme co virtual; ás veces é un bo remedio para baixar da lúa sobre todo da chea. Teño un bo amigo que ten unha teoría sinxela para entender e sobrepoñerse aos estados alterados de conciencia...son ciclos... dime con ese sorriso que lle caracteriza. Outra boa terapia para esquecer a túa propia historia é mergullarse nunha vida allea, nun relato de ficción a poder ser construido por persoas como Orhan P. que teñen asimilado e aprehendido tan profundamente cada detalle da súa vida. Ando pola metade deste libro e xa soño con ilustradores orientais, mulleres namoradas de ollos negros que agachan as súas paixóns nos suaves tecidos das súas túnicas, rúas miserentas poboadas por cans que pelexan na procura dun bocado e azoras do Corán que prohíben calquera desviación do camiño. Vos deixo un pedaciño do texto, coma sempre elixido ao azar: "...Ahora mismo os diré cómo se podría pintar el abrazo entre Negro y yo si esta humilde historia mía se contara algún día en un libro y fuera ilustrada por los legendarios maestros de Herat. Hay ciertas páginas maravillosas que mi padre me ha enseñado entusiasmado: el fluir de la letra y el ondear de las hojas comparten la misma excitación y el adorno de las paredes y el dorado de la página comparten la misma textura: la inquietud de la golondrina que perfora con sus alas el encuadre y el dorado se parece a la de los amantes. Los amantes, que se miran de lejos y se dirigen reproches con palabras llenas de sentido, se dibujan tan pequeños en estas pinturas, se les ve tan lejos, que por un instante una cree que la historia no habla de ellos sino del magnífico palacio en que se encuentran y de su patio, del maravilloso jardín cuyas hojas han sido pintadas una a una con tanto amor y de la noche estrellada que los alumbra y de los árboles en la oscuridad..."

7 comentarios:

Alberte dijo...

Que curioso, merqueino onte mesmo. Parabéns polo blog.

Ana Bande dijo...

Grazas Alberte, bo trallo o teu.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Estou lendo Estambul, en ratos que a práctica de italiano me deixa. Abúrreme a súa vida: non me interesa. Nada de nada. Non lle collo afecto. NOn sei.

Ana Bande dijo...

Prezado Arume, alégrame verte por aquí, pensei que vos perdera con este longo e pesado parón do peche... No de Pamuk, eu Estambul deixeino pola metade pero este libro é outra cousa, éche pura poesía...Apertas.

Ra dijo...

Si usted me lo recomienda...adiante!

torredebabel dijo...

pois eu vou dunha teoría á outra: ás veces, concordo co dos ciclos. E outras, mergullo nalgunha vida allea. A esta ainda non cheguei. Pero vou tela preto da man para o vindeiro ciclo ;-)

Ana Bande dijo...

Tamén estás aí Torredebabel, uf! que ledicia tervos outra vez aquí.