lunes, junio 04, 2007

Curso de Tradución editorial: Calidade e xestión de proxectos

Este curso vai reunir os axentes que forman parte do proceso da tradución editorial cara ao galego. Nesta liña, aparece dividido en dous bloques temáticos:
Conferencias a cargo, por unha parte, das e dos representantes gobernamentais e editoriais que forman parte da toma de decisións sobre poíticas editoriais en Galicia e por outra, as tradutoras e os tradutores que executan o produto da tradución.

Simulación in situ do proceso de tradución editorial cara ao galego a cargo dun equipo de tradución que traballa para un grupo editorial de carácter estatal con presenzaen Galicia.
As conferencias e actividades están a cargo de Francisco Fernández Naval, Manuel Bragado, Carlos Lema, Moisés Rodríguez Barcia, Ánxela Gracián, Benxamin Dosil, Xesús Riveiro e José Martínez de Sousa, entre outros.

Luns, 17 de setembro
9.30 Recepción e entrega ddocumentación.
10.00 Francisco Fernández Naval: “A Xunta de Galicia como editora e dinamizadora da tradución. Tradución e creación.
11.30 Pausa
11.45 Manuel Bragado: “Panorámica da tradución sectorial”

13.00 Carlos Lema: “Panorámica da tradución editorial”Debate
17.00 - 19.00 Presentación do equipo de tradución editorial cara ao galego e o contexto da empresa editorial. Aspectos fiscais, tarifas, dereitos de tradución, deberes e dereitos (código deontolóxico), e prazos da tradución editorial.Debate .

Martes, 18 de setembro
09.30 Moisés Rodríguez Barcia “Traducir e/ou editar en Galicia”Debate
11.30 – 13.00 Visita-obradoiro a Ed. Xerais de Galicia: “O proceso de tradución nunha editorial: de TO a TM”o 16.30 - 19.00 SIMULACIÓN: Fase 1 do procedemento de tradución:1. Elección e análise do TO2. Estudo das normas estilo para a tradución editorial en galego3. Tradución4. Revisión propia do TM5. Revisión allea do pola coordinadora6. Calidade do TMo Entrega do TM
Mércores, 19 de setembro
09.30 Ánxela Gracián: “A tradución institucional como unha profesión: vantaxes e desvantaxes”
11.30 – 13.00 Visita-obradoiro a Ed. Xerais de Galicia: “O proceso de tradución nunha editorial: de TO a TM”
16.30 – 19.00 SIMULACIÓN: Fase 2 do procedemento de tradución:1. Revisión do TM pola editora2. Adecuación do TM3. Diálogo tradutora-editora4. Aceptación do TM5. Produción das 1as probas do TM (volcaxe)6. Revisión probas7. Devolución probas8. Diálogo tradutora-editora9. Aceptación da revisión das probas10. Produción de 2as probas11. 2ª revisión e devolución definitiva12. Produción do TM definitivo
Xoves, 20 de setembro
10.00 Benxamín Dosil e Xesús Riveiro Costa: “Convencións e aspectos ortotipográficos idiomáticos da corrección e tradución de textos”
11.30 José Martínez de Sousa:“El mundo de la corrección en el proceso de traducción”
13.00 Mesa redondaDebate

Toda a información do curso

No hay comentarios: