miércoles, junio 27, 2007

Un saúdo e unhas cantas recomendacións

Ando literalmente "queimada", cometín a imprudencia de quedar durmida na praia e agora sufro as consecuencias de este lamentable erro. Este suceso e outras miserias mantéñenme retirada momentáneamente pero non son que de deixar de asomar por aquí de cando en vez, aínda que só sexa para respostar aos ánimos do meu querido R.R.. Por mor dun proxecto que estou a piques de rematar ando de aquí para alá pola rede e entre as cousas que recollo e gardo aquí vos deixo este vídeo do xenial Oliver Sacks que atopei neste espazo de coñecemento. Se non sodes xa seareiros deste magnífico divulgador científico vos prego que tomedes conta de todos os seus libros. O achegamento á ciencia é moito máis doado da man dos máis sabios, que, curiosamente, son os que falan de xeito máis sinxelo e claro ¿por qué será?.

"Hasta que los estudiantes de humanidades no aprendan seriamente un poco de ciencia, hasta que la gente que estudia lenguas clásicas o literatura española no estudie también matemáticas, no estaremos preparando la mente humana para el mundo en que vivimos. Si no entendemos algo mejor el lenguaje de las ciencias no podemos entrar en los grandes debates que se avecinan. A los científicos les gustaría hablar con nosotros, pero nosotros no sabemos cómo escucharles. Este es el problema".

(George Steiner)




Oliver Sacks. Despertares.
Película baseada na obra de Sacks

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Benvida de novo au ciberespazo, non marches nunca....¡Apertas!

Anónimo dijo...

Estou totalmente dacordo coa cita. Tamén é certo que é un debate bastante vello, pero segue sen resolverse adecuadamente. E, curiosamente, canto máis tempo pase, máis apremiante se fai encher esa lagoa de coñecementos científicos.

bouzafria dijo...

Eduardo Punset non deixa de citar continuamente a Sacks nos seus libros.

Nuca dijo...

Noraboa polo post. É xusto a complementaria da tese que manteño de sempre. Eu sempre me defino coma un home de letras, porque paso unha boa parte do día a escribir o que fago no laboratorio. E quén dixo que as comunicacións científicas non poden ser literarias?

torredebabel dijo...

Bueno, que vaia ben o proxecto e que o do sol non sexa nada grave. Eu, ainda que non fale, veño de visita e sempre é bonito saber de ti.