lunes, agosto 20, 2007

José Luis López Cid.


























Doazón da biblioteca de José Luís López Cid. Moitos dos libros desta doazón teñen dedicatorias dos autores. Nas fotografías as de Emilio Gascó Contell e J. Alonso Montero.

Cando a as caixas de cartón foron arrombadas baixo a mesa da bibliteca o cheiro do papel amarelecido anunciou a presenza da odiosa dama de negro. A morte moitas veces só deixa tras de sí unha chea de facturas, unha billeteira cun par de fotos ou uns lentes vellos. Outras veces, poucas, queda unha biblioteca. Algúns libros tiñan o nome. A propiedade non lle quitaba o soño ao profesor López Cid, el devecía por dar conta deles e espallar logo as ideas entre os seus alumnos . Os títulos falan de moitas horas adicadas á literatura, á filosofía, á investigación. Ese tempo amarelo, outra vez lembro a Fernán Gomez, ven repousar nos anaqueis da biblioteca da Facultae de Filoloxía da Universidade de Vigo. Quizais estaría mellor na dunha escola ou instituto do mestre facendo as ledicias dos seus alumnos. Pero estarán ben aquí, moito mellor que nun cotroso faiado compartindo esquecemento con roupas vellas e cousas que xa non funcionan, que son cada vez máis.
Libros que hai pouco compartían ollos, mans e mobiliario esparéxense agora entre descoñecidos. Emigrantes na procura de fortuna na metrópole, algúns tiveron sorte e atoparon aluguer con paisanos seus. A estes chíscolles un ollo e vou na procura dos que quedaron illados e descoñecen a lingua dos veciños. Tocámonos, deixamos que entre un pouco de fresco e voltamos á rutina. Pouco a pouco vanse afacendo e gozan deste enorme pracer dos aloumiños diarios.
Non coñecín ao profesor pero seguro que moitos ourensáns sí que o lembran. Seica ensinou no Instituto das Lagoas desa cidade pródiga en xenios. Cada vez que alguén se interesa por un destes libros amarelos vexo un sorriso por algures.
Podes consultar este fondo na Biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución ou aqui.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Alégrame esta nova pois lembro as clases do profesor Cid, así como as do profesor Manuel Zabal, ou Victor Campio. Filosofía, literatura, poesía...ou a arte de facer pensar os novos con letras do presente e do pasado. Con xente coma eles non se perde a esperenza do futuro. Eles e outros moitos traballadores do ensino, sin facer ruído, son un anaco da historia local de Ourense.

Anónimo dijo...

Comparemos co personaxe que preside o CSIC e a valoración que fai dos libros nesta entrevista.

http://www.elpais.com/articulo/ultima/Hay/escribir/nietos/elpepucul/20070818elpepiult_1/Tes

Si, si. Alucinei. Vouno poñer nun post.

Anónimo dijo...

A min deume clases no Cardenal Cisneros, onde ademais creo que era un dos donos ou socios; descoñezo se deu no Instituto das Lagoas, mais coido que non; vivía perto dos meus pais e sempre o lembro cun libro na man lendo.

Ana Bande dijo...

Anónimo, Carqueixa:
Grazas polas lembranzas.

R.R.
A entrevista, conclúo. Deberon coller ao máis necios do CSIC, quero pensar. Vou esperar que fagas ese post e falamos desto na túa casa ¿paréceche?

Anónimo dijo...

Si, deu clase no instituto das Lagoas. Cando se xubilou seguía indo pola sala de profesores a charlar cos antigos compañeiros. Eu tamén dei clase alí, por iso o sei.

Anónimo dijo...

"Bande", simpático apellido, como la simpática localidad orensana del mismo nombre