jueves, agosto 16, 2007

Para Asia.

Asia foise, pero deixoume moita música, moitas fotos, moitas conversas e moitas bágoas. Eses preciosos ollos azuis gustan da auga como Asia das humidades. Hai quen non aprecia a beleza nestas augas salgadas, non sabedes o espectáculo que se agacha tras estes cristais, un tesouro tan grande coma o teu nome Asia, e tan accesible coma teu corazón.Contigo non pode haber despedidas, xa me mercaches o billete antes de marchar e fixen promesas moi difíciles...

1 comentario:

Zerovacas dijo...

as desepedidas son duras, máis que duras "jodidas", que é unha palabra que fere un pouco máis na boca, e así parece que alivia un pouco.

eu levo un verán de despedidas, e serán máis en setembro. Hai uns versos, destes que acoden á cabeza (e que non sabes de onde saen) que din algo así como "Vivir esta ciudad
es pisar un jardín de tachaduras".

Algo así. Así me sentía en xuño http://zerovacas.blogspot.com/2007/07/un-domingo-que-semella.html

E así me sinto agora http://zerovacas.blogspot.com/2007/08/alegra-esa-cara-home.html

ánimo