lunes, noviembre 05, 2007

O bo de Madrid....Javier Ruibal en Clamores.

Preciosa e longa fin de semana que aproveitamos os da Triple A para refrescar as nosas provincianas neuronas respirando ese ar condenadamente multicultural e moderno da metrópoli madrileña. Desta vez non deixamos pasar a oportunidade de visitar a emblemática Sala Clamores, referencia obrigada para todo amante do Jazz e música en xeral. Como non somos moi amigos da planificación deixamos que funcionase o efecto sorpresa, e aparecimos por alí unha noite calquera na hora que nos petou. O castigo foi ter que pagar o prezo completo dun concerto ao que só iamos asistir escasa media hora. O agasallo, coñecer a música de Javier Ruibal -¿que terán os Ruibal para namorarme deste xeito?- un cantautor que cun recetario ben completo a base do bo flamento, a música árabe, o rock e outros ritmos nos conta historias preciosas cunha poesía que nos transporta á corte do rei Schahriar.


Web Javier Ruibal
Para descargar

8 comentarios:

bouzafria dijo...

¿E que lle pareceu a exposición de Centelles? ¿Doulles tempo a ir?

Ana Bande dijo...

Ohhhh! nada, non deu tempo, había que elixir e en catro días o maratón polo Reina Sofía coas exposicións de Paula Rego e a de fotografía, ademáis da permanente, logo o Prado que estaba ateigado,a de Durero e Cranacha do Thyssen e a retrospectiva de Bruno Schulz que era para min un dos principais motivos da viaxe xa non fun quen de propoñer máis museos...

bouzafria dijo...

En Madrid catro días non é nada. lgvm

Anónimo dijo...

Que non lle pareza mal esta nota irónica, pero o seu é o típico itinerario madrileño do "progre de provincias".

Conste que eu tamén o fago. Así que xa somos unha lexión...

Un saúdo.

Ana Bande dijo...

Vindo de vostede non me pode parecer mal, ao contrario, sen as súas "ironías" esto do blogomillo sería moi aburrido. O de "progre", por outra banda, nin por asomo, xa quixera eu. Eu sonlle a típica paleta cunhas poucas lecturas que anda sempre na procura da derradeira postmodernidade porque, digamos que mola sacarlle punta ás cousas. NO do itinerario, recoméndolle moi apaixoadamente as visitas a estas exposicións, baixan o nivel de brutalidade ao que nos someten a cotío os verdadeiros "progres" que son os que redactan as columnas máis sobranceiras dos nosos xornais.Para que logo digan que aqui no blogomillo sempre andamos, sorry, a "chuparnos las pollas", que diría Tarantino.

Anónimo dijo...

Pero non foi comer callos? E logo a que vai a Madrid?
Pero que ben se pasa! É cidade que a mín moito me gusta.

Ana Bande dijo...

Callos non pero un caldo galego nunha desas rúas que nos levan á Praza Maior, estaba ben bo.

Anónimo dijo...

¡Para algo somos primos! (Primos igual que unha miña veciña dicía que todos os López son primos...)

A min o Javier Ruibal tamén me gusta.

E se quere un terceiro Ruibal que tamén me parece recomendable lea algo de teatro de José Ruibal, vigués por certo, que ten editado algo en Cátedra e foi exitoso autor nos EEUU pero case ignorado en España.