Voltarei en canto apaguen os altofalantes e volvan os adornos navideños aos faiados. Api, R.R., Arume, coidádeme a casa que nestas datas hai moito "ladronicio" como dicía a avoa de A. Aínda estades a tempo de pedir algún agasallo, xa sabedes que son ben mandadiña. Area do deserto non penso traer, que coido que xa a teñen no Corte Inglés, máis un pouco dese limo milagreiro das beiras no Grande Nilo ao mellor....Apertas a todos!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
15 comentarios:
Que o pase moi ben pola terra dos faraóns. Que envexa malsá!
Até a volta, unha aperta.
agardámoste aqui á espera das crónicas e lembranzas!
Boa viaxe e boas festas.
Tende coidado por Exipto. Mira que andan Sarko e a Brumi
Déalle un saúdo á Bruni da miña parte e unha labazada ao Sarko, que seguro que han parar no mesmo hotel. Total, mil cen euros por noite está ao alcance de calquera!
Ten coidadiño coas momias.
Unha aperta enorme para cando voltes, suertuda!!!!!
Aquí, entre os sobrevivintes, te desexo o mellor para o 2008.
Bicos enormes.
Pois xa estou de volta, e xa que falas de sobrevivintes, amiga Lula, direiche que neste caso a sobrevivinte son eu logo dunha intoxicación que ameazou a todo o noso grupo con quedar definitivamente na terra dos faraóns.
Benvida logo.
Por aquí o que houbo foron camións de virus... :-S
intoxicacón?, supoño que trataríase dunha toxiinfección alimentaria (pedantería técnica) co resultado de pasar varios días sentada no trono.
Espero que tal contratempo non ensombrecería a experiencia africana.
Agardamos o relato da viaxe.
Boa entrada de ano
Vaia por deus! Espero que, a pesar de todo, poidera disfrutar da viaxe.
Que teña un 2008 como se merece: excepcional.
Unha aperta.
Seguro que foi na Biblioteca de Alexandría: co sensible que é vostede para os libros.
Un bicazo para o ano 2008 e moita felicidade. Pero da boa.
Feliz 2008.
Moitos beixos e moita felicidade para 2008 da familia pelacha!
Moitos beixos e moita felicidade para 2008 da familia pelacha!
Publicar un comentario