martes, diciembre 18, 2007

Meme. O curruncho do....¡apicultor!




Hoxe alugueille un anaco da miña morada virtual ao noso amigo Apicultor, este é o seu recuncho de traballo...¡agora todo encaixa! que diría Colombo. Grazas Api por saciar o noso voyeurismo, o zoom dos nosos pecés vai botar fume.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Síntome como un exhibicionista ante un grupo de colexialas (sen segundas o de colexialas, eh).

Conste que enviei as fotos a Ana Bande porque ela mas pediu na entrada precedente. E un é, ante todo, un cabaleiro disposto a compracer as peticións das damas.

(Ai! Mi madriña, que vergoña!)

R.R. dijo...

¡Guarro!

Claro, cun libro de aforismos na mesa, calquera é brillante nos comentos dos blós...

Iso si, limpio éo, e moito. E non ten nada que poda asemellarse a un calcetín polo chan. Aínda que, por moita vela que prenda, ese borralleiro cheo debe cheirar!!!

¿Qué?

xD

Ana Bande dijo...

Pois eu cambiaría só algunhas pequenas cousas. Por exemplo, baixaría esa preciosa enciclopedia de arte que ten arrombada no cumio de estantería a xeito de "tumbos" e a colocaría máis a man, sobre todo para non atragoarse con tanta política e socioloxía. E logo eses bonecos de indios e yankees...en fin, supoño que terán un valor sentimental...
No do tabaco, ben se ve que somos da xeración que descoñecía absolutamente todo o veleno que nos estamos metendo, e algúns nin velas nin nada...iso si, chisqueiros que non falten, e o paquete de reposto, aínda que agochado, tampouco.

Lula Fortune dijo...

Vaia cachada!!!! que caladiño o tiña o señor Api. E despois de criticar a miña orde, tampouco se pode dicir que o seu sexa a cova de Polifemo. Paréceme que ten a desorde ben controlada. Eso si, hai unha inflación de chisqueiros (¿ten medo de quedar sen lume?)e o paquete agochado tras o ecran, ummm...poderíamos sicoanalizalo.
Earl Grey ¿non si? non me defraude.

Anónimo dijo...

Aclaremos algúns conceptos que semellan algo confusos.

a) O borralleiro é de auga, e baleiroo cada x tempo. Ademais, tamén cada x tempo ventilo a habitación (co frío que vai, despois teño que quecer o estudo cun calefactor durante uns minutos).

b) En efecto, polo chan non hai nada semellante a un calcetín, a un flis-flis ou algo así. Limpo e impoluto. Con todo, o pó que poida haber nos estantes non se percibe por mor dunha boa iluminación da fotografía.

c) A enciclopedia de arte está a espera dunha reubicación dos estantes altos (moito me temo que vai esperar aínda uns cantos meses).

d) Os soldadiños, por favor!, son de chumbo, e sempre me gustaron moito os indios e os vaqueiros... e as pistolas!

e) O de política e socioloxía foi porque cadrou ese ángulo. Noutros estantes están doutros temas, agás de literatura, que unha parte está nos anaqueis do pasillo de abaixo e outra parte aínda en caixas.

f) O dos chisqueiros é porque mos agasallan no estanco por ser o seu mellor cliente, e teñen vida propia porque aparecen e desaparecen cando lles dá a gana. Nada que psicanalizar, pois.

g) O paquete de tabaco na parte de atrás do ecrán foi unha agradable sorpresa para min cando vin a foto. Levaba alí traspapelado unha semana, e eu sen decatarme. E estaba case cheo! Nada que psicanalizar, tampouco.

h) O té que estaba a tomar, e sinto defraudala, Lula, é, nesta ocasión, un combinado composto de té negro (63,5%), Roibos (34%), aroma de piña (5%), hibisco (1,5%), e anacos de piña (0,5%). O seu nome comercial é Twinings Voyage African Tunda. E si, está en bolsiñas, pero é riquísimo e ten un nome que invita á aventura, polo que me sinto como Clark entre Ava e Grace.

(Joer, cantas explicacións hai que darlles a estas colexialas!)

Marcos Valcárcel López dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Pois eu teño visto ese estudo bastante máis desordeado e con caixas polo chan. Ou Apicultor xa tivo tempo de ordenalo. Ou algo se dedicou a colocar aquel espazo.
En calquera caso, quen me dera a min ter o estudo tan preparadiño como presentan estas fotos...
Un amigo de Apicultor.

Xaime dijo...

Nesta primeiro atraque no Blog de Ana e para felicitar o Sr. Apicultor pola orde do seu camarote.
¿Quédalle moito para da-la volta o mundo?, digollo por que teño un amigo que ten un barco, e saltouseme o corazón cando ollei as fotos e descubrin que Antonio era Apicultor. Non pode ser, dixen e efectivamente, Antonio e bastante máis desordeado que vostede, e ten moitos máis libros de náutica, polo menos máis dos que aparecen na foto.

Anónimo dijo...

Ningún cómic. Claro. Como xa os leéu todos...! XDD