Convídame Occam a seguir este meme para deixar testemuña dos nosos recunchos de traballo. Alá no fondo está Jara, foi imposible facer que acougara para saír ben na foto, gústalle máis fuchicar e tirar con todo. E como hai que seguir coa cadea, por pedir que non quede. Gustaríame ver o recuncho do insigne apicultor ( se quere alúgolle unha parcela para publicar a foto). Tamén convido aos meus admirados CanSenDono, Toxomar, Beluka e Suroeste.
lunes, diciembre 17, 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Mandarialle sen problema unha foto, pero teño dous probemas: non sei a que enderezo enviala e, sobre todo, tampouco sabería moi ben cómo pasala da cámara dixital ao ordenata (ou si que o sabía, pero creo que o esquecín).
(Deixando aparte que tería que despexar un pouco a mesa nestes momentos)
Deixe todo como está, queremos ver eses vasos de WL e de infusións que tanto o inspiran, e tamén o revoltallo de libros, enciclopedias e xornais que ateigan a súa mesa. A dirección de correo é ambb@uvigo.es. O de meter a foto é ben doado, só ten que meter a tarxeta da cámara na ranura do Pc e poñela como anexo no correo.
Intentareino, pero non prometo nada.
Obrigado pela invitaçom. Como no meu exilio actual adoezo dos medios acaídos demoro a súa execución á volta á civilizaçom, dacó a uns diíñas. Bicos et apertas.
Envieinas... ou iso espero. Fresquiñas de agora mesmo.
Saúdos.
¡dios! ¡que emoción! vou para o correo á velocidade do raio...
Mon dieu, acabo de verme sinalada. Ana, dáme moita vergonza: o meu máis que recuncho é cubil. Son o ser máis deordenado do planeta e pódoo demostrar.
Interesantísimas fotos. É como ficar máis que nú.
Publicar un comentario