martes, diciembre 11, 2007

Pasatempo artístico...

Logo da lectura de Kawabata penso que vou pasar unha boa tempada "abducida" pola cultura nipona. O de hoxe é para subir nota. Trátase dun dos mellores mestres da arte da xilografía xaponesa da que tanto gostaron os impresionistas. ¿lembras o seu nome? Ben, pois xa tes o P.A. de rigor. Agora tes que saber tamén que se está a celebrar unha exposición dun/dunha grandísim@ artist@ que ten unha obra directamente inspirada nesta extraordinaria representación da violencia da natureza, contra a que non pode nada a forza do home. No medio das olas pódese ver a figura do Fuji e tamén unhas pequenas embarcacións ¡que preciosidade! ¿non si?

29 comentarios:

Anónimo dijo...

Amiga Anabande: preocupante o bandazo estético. Entre as fotos do post anterior e este cadro, mamma mia, miles de kilómetros de distancia xeográfica e artística.

R.R. dijo...

Na Coruña diriamos: ¡se chinó!

Ana Bande dijo...

Non tanto Arume, a estética é unha desas verbas que quedaron moi desnaturalizadas (por non dicir algo peor)logo de seculares usos e abusos. A estética do antroido sempre me gustou, dende ese serio pai de familia que pasea pola rúa máis cool da cidade co seu Armani e co seu nariz carnavaleiro ata os incondicionais do carnaval que aproveitan estas datas nas que as rúas se trocan en suculentos espacios escénicos e sacan todos os monstros que levan dentro. Dende que vin a aquel xesucristo con gafas e coa súa cruz de tamaño natural polo medio e medio das rúas vitivinícolas remedando as caídas do calvario, máis por mor do alcol que polo peso do pecado, digamos que tomei partido pola blasfemia.

RR ¿se chinó? eso o di Alma a diario, de la Coru nada de nada, anda que tamén o queredes todo, ata o argot.

Ana Bande dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ana Bande dijo...

Suprimido anterior comentario por duplicado

Anónimo dijo...

eu coñezo a obra e vida de Ben Cho Sei gardada entre as paredes da Biblioteca da Diputación de Ourense. Aínda así de esguello, coma lles gusta os orientais, penso que algo terá que ver esta ola coas esculturas francas de C.C. e de A.R. Non sí?

Anónimo dijo...

¡Ui! ¡Se chinó de todo!

Ana Bande dijo...

Oye brother, what happen? I am lost, I don´t understand you...mon dieu, como andades no blogomillo estes días, un que si plaxio e ti con esta teima...conseja: tómate un te, verde o negro o del mercadona que tengas más a mano junta los dedos indice y pulgar de las dos manos y di varias veces OMMMM oMMMM oMMM...¿MEJOR AHORA? buENO y sI pUEDes LER algo de KawabaTA, YA NO TE DIGO más...
¡¡¡¡api, ven, te necesito, estos tipos están locos!!!!!

Ana Bande dijo...

legnaresa......
¡quente! case queima, pero, síntoo, quero nomes completos.

Anónimo dijo...

A obra repreducida é A Gran Onda de Kanagawa, de Katsushika Hokusai.

Desde mediados do século XIX os seus gravados, xunto a doutros artistas nipóns, foron moi coñecidos en París, e influenciaron a artistas como Claude Monet, Edgar Degas e Henri de Toulouse-Lautrec.

E tamén influiu mesmo na escultura. Daquela, vostede refírese á atormentada amante de Rodin, a escultora Camille Claudel, de quen se está a celebrar unha exposición en Madrid, na Fundación Mapfre, que está aberta até o 13 de xaneiro de 2008.

(Póñaa máis difícil a próxima vez, por fa)

Anónimo dijo...

Supoño que terá visto a excelente película La pasión de Camille Claudel, non?

Por certo, hoxe pola mañá, unha compañeira de traballo tiña enriba da mesa o catálogo da exposición. Boteille unha ollada, naturalmente. Hai que ler de todo: nunca se sabe cando pode facer falta!

Ana Bande dijo...

Penso que vou quedar coa boca aberta ata a noite, ¡mon dieu! esto merece unha boa pinta of beer...marcho pois cara o Hipólito para levarlle unha botella de juisqui para vostede, iso si, da marca non garanto nada, terá que ser do que teña na casa que teño que aforrar para escapar do nadal, xa está avisado pode pasar por alí cando queira...¡ahh! tamén deixarei algo para o amigo legnaresa que penso que tamén sabía as respostas!
Grandioso Api, grandioso, non lle deu tempo nin ao inefable TioPepín.

Ana Bande dijo...

Non, non vin a película, pero non hei tardar nada. É curioso o modus operandi do azar, aínda que no seu caso non é tal, a súa curiosidade insaciable terá moito que ver co seu grande coñecemento...e agora, por favor, míntame, pero non me diga que todo foi troula e cousa do gúgel.
No que respecta a Camille, xa coñezo a súa historia, a mesmiña que a de milleiros de mulleres xeniais enterradas en vida pola monstrosa tiranía dunha mal entendida cultura masculina. Lembro agora mesmo a avoa de Gauguin...por certe ¿saberá vostede quen era esta enormidade de muller? E menos mal que non pregunta vostede que se nón estaba eu perdida....

Anónimo dijo...

Esa pregunta sobre Gauguin si que é ben fácil. A súa avoa foi a pioneira feminista Flora Tristán, por suposto.

Anónimo dijo...

Non sei por que non saiu en bold e si, en troques, como si puxera un enlace. Cousas da informática!

Anónimo dijo...

Por certo que sobre Flora Tristán ten unha novela Vargas Llosa, El paraíso en la otra esquina. Pero debo recoñecer que esta non lla lin. E vostede?

Anónimo dijo...

Mimá. Qué maquinón.

Ana Bande dijo...

Home Api, teño un post ben recente sobre esa novela, pode atopalo aquí:
http://anabande.blogspot.com/2007/09/el-paraso-en-la-otra-esquina-vargas.html

¿vou ter que facer tamén un test como RR para deixar pasar ao bló?

É unha obra maxistral, como casi todo o deste autor, que gaña tanto cando escribe como cando fala.

Foron unhas vidas cheas de acción e no medio e medio dun tempo no que se estaban a sentar as bases do que temos hoxe. Os capítulos van contándonos sucesivamente as vidas de Flora e Gauguin, arte, historia, xeitos de vivir... Pouca man tivo que botar V.LL. para construir este fenomenal relato.
Vou ter que pasarme ás ciencian que nesto das humanidades xa ten vostede o cum laude e o juisqui gañado.

Anónimo dijo...

Efectivi-uonder, CR. Xa James Brown me dedicara unha canción a comezos dos setenta.

Anónimo dijo...

No bló do r.r. a poñen a caldo, señorita Bande a vostede e ós seus pasatempos...

Anónimo dijo...

RR, quería dicir (perdón).

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A novela de Vargas non está nada mal. Bueno, en realidade está de pm. Pero, a miña xenuflexión diante de apicultor que non sexa malinterpretada, pero é que saber que o kanikouba ese pintou eso é para inflamarse un os xionllos.
De tódolos xeitos, eu hei de dicir que puido influir nesa manta de vangardistas preguiceiros e borrachuzas, pero non lle atopo moitas diferencias a nivel decorativo coas famosas partidas de cartas entre cans en tapices tupiditos. É arte moi de fonda ou pensión, eso si, exquisita.

Anónimo dijo...

Verbo dos premios, amiga Ana, prefiro ir acumulándoos para que, á final, dea para unha botella de Johnnie Walker Blue Label.

(Ou sexa, que, ademais da tres ou catro acertadas, terei que atinar unha media dúcia máis).

Anónimo dijo...

Noraboa a Apicultor, vai acabar en coma etílico.
Eu vou aproveitar para aconsellar que busquedes máis obra de Hokusai (xa Gombrich na súa clásica 'Historia del arte' o incluía reproducindo esta mesma obra que aquí empregou Ana) porque as súas pinturas eróticas son sorprendentemente chamativas (sobre todo se vos gusta o polbo á feira).

Anónimo dijo...

polo que parece apicultor adicase tamén os quebracabezas. Xa sei cal é a cantata que James Brown lle dedicou a comezos dos setenta: SACA EL GÜISQUI CHELLI
Falamos da absenta e bebemos Johnnie Walker Blue Label.

Anónimo dijo...

Calma, amigos, que estou moi lonxe do coma etílico. Son moderado e circunspecto en case todo, e bebendo tamén. Permítome unha única copa de JW GL tan só os venres e os sábados pola noite. E agora quixera cambiar a JW BL. Anímanse a ter un detalle nestas datas?

R.R. dijo...

Abra un bló e pensámolo.

Ana Bande dijo...

Pois a min o Api gústame así, de voyeur, "on the road", non sei, non o vexo con casa propia, danos moita vidilla os blogueiros sedentarizados.

Anónimo dijo...

Cómo vou abrir un bló se, en realidade, non se me ocurre nada que dicir.

Eu só respondo ante estímulos externos: para que haxa un output ten que haber antes un input.

Soy asiií,
que le voooy a haceeer,
...


(estribillo bis)