Hoxe tocou ir de compras. O shopping non é unha das miñas afeccións, entre outras por razóns coma esta. Unha etiqueta que nos amosa desacaradamente a grande mentira que sostén un sistema no que os prezos dos productos son calquera cousa menos o indicador do seu valor. Un vestido que custaba 160 euros pódese mercar agora por 6. ¿cando custa realmente o vestido? ¿pódese concibir unha gañancia dun 2500%?
Nunha mesma etiqueta atopamos ata tres ou catro prezos distintos, mentiras novas que agochan mentiras vellas...
Mellor non botar as contas de todo o que temos na casa e que nos custou os aforros de toda unha vida de traballo.
Achégase unha demoledora tempada de consumismo disimulada nunha festa relixiosa na que cada ano unha horda de desalmados mercaderes veñen para chucharnos o sangue, ollo pois aos petos.
Nunha mesma etiqueta atopamos ata tres ou catro prezos distintos, mentiras novas que agochan mentiras vellas...
Mellor non botar as contas de todo o que temos na casa e que nos custou os aforros de toda unha vida de traballo.
Achégase unha demoledora tempada de consumismo disimulada nunha festa relixiosa na que cada ano unha horda de desalmados mercaderes veñen para chucharnos o sangue, ollo pois aos petos.
10 comentarios:
eu o da roupa xa o teño máis ou menos asumido, o que non teño asumido (e cólloche frase prestada) é outra cousa:
"mellor non botar contas da casa, que nos costa os aforros de toda unha vida de traballo"
Os da vivenda tamén subiron abondo os precios e dame que lles vai ter que tocar unha tempada de rebaixas.
Eu procuro, dentro do posible, ser comedido nos gastos de roupa, e non por un anticonsumismo como o de Ana nin tampouco por cutrería, senón porque non gusta que me tomen o pelo cuns prezos que estimo abusivos. Unha camisa, 120 euros? ¡Anda y que se la ponga tu padre, tendero!.
(De todos modos, seguro que lle queda moi ben ese vestido da talla 38, amiga Ana)
(Ben mirado, talla 42, pero seguro que lle queda estupendamente ben)
eu aínda non acabo de comprender este fenómeno consumista; hai ben pouco unhas estatísticas falaban que en canarias o 25% da poboación vive no limiar da pobreza e por outra banda os centros comerciais están atestados e os prezos polas nubes.
eu procuro mercar só cando é necesario e aínda así intentando que a cantidade non sexa esaxerada.
o mercado é o que ten, tremendas aglomeracións, incrible consumo, pero os recursos dunha boa parte da poboación son moi limitados. ¿é maxia?
Pero aínda non empezaron as rebaixas, ou si?
O calendario de rebaixas creo que xa non ten moito sentido, hoxe podemos atopar etiquetas como esta en moitas tendas de "oportunidades", é o que ten a cultura de usar e tirar, a caducidade dos productos provoca unha inestabilidade abraiante dos prezos. O máis incrible é esa maxia que apunta toxomar, que todo de vende aínda que esté polas nubes...
Alegroume a túa visita ( Graciñas polos teus comentarios), non te asustes das 3 etiquetas podemos encontrar incluso mais, as rebaixas que chegarán despois destas “ desexadas” festas, traeranos sorpresas ... as cousas non andan para moitas compras e mais dun esperará a terceira rebaixa.
pensalo da arrepios! outra vez as filas, outra vez as mareas de xentes, outra vez o sol abafante mentres a lista de agasallos non remata e non remata... que pesadelo que son as festas!
pois falando de precios diferente polo mesmo produto que alguén me explique as diferencias de tarifas nas pasaxes aéreas. E ahí si que non hai tempada de rebaixas
A verdade é que sempre se está a falar de que non temos cartos, da crise, etc, e sempre, tódolos fins de semana, comprobo que o ocio do século XXI para moitos é pasa-la tarde nunha gran superficie gastando e gastando...
Señora blogueira, eu daría algo por entrar nunha 42, pero mira ti, máis que me aforro por non atopar da minha envergadura :DDD
Publicar un comentario