viernes, agosto 01, 2008

Fragmentos da galaxia.

Se o fenómeno blogueiro me ten engaiolada e prendida tanto tempo neste mundo é porque existen lugares tan máxicos como Fragmentos da Galaxia. Levo tempo coa teima de adicarlle unha entrada para recomendar a lectura do diario virtual de Juan L. Blanco Valdés, e hoxe, logo de ler o seu fantástico e prometido post sobre os alcumes, xa non podo esquecer esta angueira, ainda que sa sei que moitos dos que se achegan por aquí son socios de honra deste furancho literario -¡¡¡deus, que non o pillen a vostede parindo textos de balde sen pagar impostos as nosas atentas autoridades, señor Valdés!!!)- un spa de luxo para as nosas mentes preguiceiras e entumecidas pola profusión de discursos tan pobres e monocordes que adoitan publicarse nos medios convencionais. Por eso precisamente gosto dos blós. Aquí hai xente de crea, reflexiona e divirte porque sí, a mellor das razóns para facer as cousas ¿ou non? Por eso tampouco moitos entenden por que "perdemos o tempo" escribindo ¿para quen? ¿para que?. Eu non son experta nos trabellos da rede mais sempre recomendo aos que quero que fagan un bló, sobre todo a tanta xente que ten moito que dicir e que son os más calados, porque, xa se sabe, na foto saen os que non serven para outra cousa. Aproveitade a fuxida masiva do verán para poñervos ao día cuns cantos fragmentos e veredes como levo razón.

4 comentarios:

R.R. dijo...

Boa recomendación (a dos Fragmentos). E gracias, pero ultimamente...

Anónimo dijo...

Graciñas pola recomendación

juan l. blanco valdés dijo...

Disque de ben nacidos... Fondamente obrigado, Ana. Fago miñas dúas brillantes metáforas: a do "spa para mentes preguiceiras" e a do "furancho literario". Bicos.

Fernando dijo...

Que alegría atopar este blog. Non vou dicir como o atopei agora pero tan pronto como vin a fota do Hipólito... xa o teño nos favoritos. Sigue así que vai de marabilla.
Parabens!