sábado, abril 18, 2009

Negación

Borrar a memoria. Limpar as pegadas dun crime. Queimar arquivos e bibliotecas. Eliminar aos testigos. Negar o holocausto é delito. Non é delito só o homicidio, senón tamén a negación da súa existencia cando hai probas evidentísimas do contrario. Os asasinatos de mulleres non só quedan impunes moitas veces, senón que se anima esta práctica pola vía da negación. Ás veces xa non sabe un se escribir dun feito cando non se foi testemuña directa porque en canto sacas os tema maldito, muller, igrexa, memoria histórica,, achégasete o sabio sentado de turno con toda a súa fachendosa sabedoria de profesor universitario e, esquecendo completamente os progresos da razón e os milleiros de páxinas sobre a construcción do discurso científico, reclama a túa atención nunha especie de maxisterio esotéricoerotohinopticolóxico para simplemente dicirche NON.

4 comentarios:

Legnaresa dijo...

A memoria en si mesma conleva un proceso biolóxico de deterioro,pérdida paulatina e/ou deformación consustancial ó paso do tempo. A importancia das fontes primarias e cotexadas resulta esencial no achegameto a calquera realidade. Pero claro, a Historia non e unha ciencia sempre desinteresada polo que moitas das "verdades" transmitidas nin son tal nin moito menos son casuais (crónicas, cronicones,etc...). As veces nin tan sequera interesa que aparezan nin tan sequera chegan a ter a consideración de enemigas-os ou condenados-as e simplemente como ti ben dis "non existen" ou nunca aconteceron.
Onte na radio escoitaba sobre unha nova publicación a carón da figura de Camarón de la Isla e o autor do mesmo, o falar do desencontro entre as familias de José e de Paco de Lucía,comentaba con tino a súa intención de reflectir únicamente o dito polos propios implicados o respecto e non o que dixo que tiña dito que lle dixeran.Incluso Cleopatra sufriu damnato memoriae e o dito popular ten aquelo de "si te he visto no me acuerdo".En cada momento, os intereses creados utilizan estas armas de xeito burdo ou sutilmente.

Ana Bande dijo...

Sempre tan atinado nas súas reflexións amiga legnaresa...

Anónimo dijo...

Ningunha ciencia é desinteresada.
Reflectir únicamente o que din os interesados non é Historia. Esta nace precisamente da análise, da reflexión, da contrastación do que din os interesados.
Facer desaparecer os símbolos franquistas é unha "damnatio memoriae" de libro e ben pouco sutil, e resposta, efectivamente, a intereses creados.
Como se ve, hai moitos intereses en todo o que di e fai un.

Ana Bande dijo...

Reflectir únicamente o que din on interesados non é Historia, de acordo, pero se xa non os deixamos falar, se xa nega o feito no mesmo momento de producirse, quedará soterrado para sempre. Hoxe corre moito perido esta ciencia, se é que aínda existe. A historia do presente, da que tanto se fala, especialmente. Os documentos contemporáneos desaparecen xa non por causas tan naturais coma os anormais axentes destructoris físicos, etc. Hoxe desaparecen porque simplemente se destrúen cada vez que se abandona un despacho. So existimos se temos cobertura mediática, por eso falaba no post do que se nega para que non exista. E a cobertura mediática son un fato de mentiras das que ningún analista
omnipotente presente nin futuro poderá tirar o 20% de verdade. Claro que o pasado ¿a quen lle interesa?