Non hai truco nin brincadeira. Non son efectos especiais nin hai retoques de fotoxó. Son séculos de dominación os que nos brindan estas iconografías contemporáneas a tódolos séculos. Nin as gafas da Villarino nos traen ao XXI. Velaquí unha disposición espontáneamente perfecta dos atributos do poder. Abonda a esquerda para amosar quen manda. Un caxato anormalmente deformado en altura e aparentemente baleiro de todo contido práctico. ¿sería o terror perante ese gancho de carniceiro o que tranformou á presidenta do parlamento na doloriñas suplicante que guinda con toda a dignidade dun pobo que cre representar? Mais deteñámonos nas olladas. Malia teren a mesma altura (non vos deixedes enganar pola mitra, é tamén un trebello que se foi deformando en altura perante séculos para amosar a superioridade da igrexa) o xerarca olla cara abaixo, aínda que teña que ser á altura do botón da chaqueta deste pobriña tribuna da plebe á que lle tocou pedir papas este ano. É unha ollada dende arriba enmarcada nun sorriso tan amplio como a fachenda que otorga a seguridade do indicutible poder herdado de tempos remotísimos. Unha ollada moito menos impostada ca da delegada rexia cuxa man acariña un ídolo eléctrico do que descoñece a disposición dos seus polos, intuindo, sen dúbida a posibilidade dunha descarga fatal. Pero, non sei que me da comezar o ano con esta escatolóxica imaxe, así que aí vai un bicazo alegre e desintoxicador para todxs os que asomades por este desaugadoiro de pensamentos. ¡Moito sorriso e moita merda, que dirían os da farándula para o cero nove!
P.D. Adicado a P.B. o meu ateo de cabeceira.
13 comentarios:
mecajoennengundios!!! fomos a coincidir ca entrada.
É que cando está de ser é que deus así o quere
Se debe estar muy bien en el infierno...
ja...ja...ja...si Occam, e creo que non só fomos nós os dous, fortunateli!...mmmm....aporellos...oé...
Non sei, señor Rouco, vostede saberá que é socio de honra, teño documentación gráfica para acreditar algúns dos seus pecados...
Ese morreo, ese petting, ese rechupeteo...
A mín, que falen entre eles¨a nivel persoal, que se queiran ou que fagan un fillo, dame igual. O que me "descolocaron" foron as declaraciós públicas da Villarino solicitando a interferencia do Apostolo en asuntos públicos.
Agás a crítica nunha morea de blós que seica son laios no deserto da cutrepolítica das alturas non vexo que ninguén se arporice por esta conspiración contra o pobo que protagoniza a súa representante. Sempre que se representan estes a(u)tos de fe quedo cunha enorme sensación de impotencia, creo que, polo menos, teríamos que quedar un día no Obradoiro e montar un japenin megaescatolóxico ou, mellor aínda, collendo a idea de P.B., montar un cento de confesionarios portátiles arredor da catedral de santiago e confesar a tododiós e de balde....
Lola Villarino ten moitos "pecados" que confesar... non ía perder unha oportunidade así (por se tal) por un quítame de aí eseas pallas de laicismo e de separación igrexa estado, tan pouco prácticas. Ou se non, pensará, ¿para que lle serve o posto se non pode utilizar as súas influencias cun representante divino?
Na foto dáselle un aire a Cher cando cantaba e bailaba música dance, Anabande.
Ventureiro 2009!
Pablo Eifonso,
Eu sigo pensando que o mellor é poñernos nós a confesar na rúa e de balde, tanto pecado vai acabar co mundo...e parabéns polo teu traballo.
Apiiiiiiiiiii,
vaia oh, menuda comparación, pero se esa tía é un ciborg...quero pensar que me parezo a ela cando moza e cantaba aquelo de "do you believe in life after love"...buaaaaaahhhh que tempos...apagamos as luces e... ¡a bailaaaaaaaaarrrrrrr!
Había que organizar unha festa, joder, ou o dos confesionarios, ou, seguindo ós londinenses e ós cataláns que os copiaron, promover unha campaña como a dos buses de Londres. E, por se acaso, que fose na liña que pasa por diante do Hórreo...
http://news.bbc.co.uk/1/hi/england/london/7681914.stm
A min o dos confesionarios mólame, rodear a catedral e mais o hórreo de casetos portátiles no día de reflexión....veña...¿quen se anima?
Sair a rúa a confesar?. Bueno vale: Señora, eu XXXXX galega de decimoterceira xeración proclamo e confesolle que non proceso relixión algunha e que peco de laica por ter que aprender palabra a palabra, artigo a artigo tanto a Contitución como os Estatutos desta miña terra como dogma-chave que me permitira acceder a formar parte da congregación do Estado e/ou da miña Autonomía. Confeso que o igual que todo ciudadán-a o descoñecemento da ley non me exime da miña responsabilidade, salvo apaño para que non me exima,polo que teño a obriga moral de expandir o coñecemento da miña "a-fe" de xeito público ou privado. Dado que todo ciudadán pode confesarse en presencia do seu avogado-a ou sen él/ela. Confesemos en todo tempo e lugar. Confesemos no ascensor, ó veciño antes de ir traballar, as compañeiras no chollo, ó pescadeiro, ó garda que che pon a multa por joderlle o aparcamento o minusválido,ó minusválido,ó testigo de Xehová que che quere confesar, a monxa de clausura que saia facer un recadiño,ó nejro que vende cd-s, ó nejro-becario que toma café na mesma cafetería ca ti,o alcalde que ven pedilo voto o teu barrio,o cura que todolos domingos di misa nas canles de TV, a... AGGGGGGGGG!...que afogo.
Eso sí, haberá que esperar o dictamen de Bruxelas no tema do segredo de confesión e a propiedade intelectual.O proceso debe ser o máis transparente e natural posible, e no caso de aquelas-os funcionarias-os que teñan titulación de sicoloxía, siquiatría, ou afíns deberá contarlles no concurso de méritos.
Eu apuntome a vendima.
ja...ja...ja...ja...jjjjjjjjjjjjjjaaaaaaaaaaaaaaa.....¡legnaresaaaaaaa! vostede é unha bomba de hidróxeno!!!! Avemaríapurísima...ás oito agárdoo no Hipólito para soltar uns pecadiños!!!!
Publicar un comentario