é política. Velaí os xigantes baleiros do efecto Guggenhein que o noso goberno importou con tódalas consecuencias. De coñecer a historia do noso Gaiás, Benacquista non ambientaría a súa historia en París. A arte contemporánea mudou completamente de linguaxe, ¿a quen lle importa o que é o índigo, a cera fría, a punta seca ou o estofado? A neolingua do capital abonda para entendérmonos. Cotización, subasta, valores en alza, falsificación, exportación, expolio...unha pasta de primeira para o xénero negro. A impostura que a cotío inspira a curadores, artistas, galeristas, críticos, revistas especializadas, directores de museos e a todo o que toca a creación artística máis moderna foi xa tema daquela Cabeza de plástico de Vidal Folch. O tema do "todo vale" trócase nun problema a vida ou morte entre aquel todopoderoso director de museo Cees Wagner e o artista-provocador Kasperle. Dúas boas lecturas para decatármonos do que verdadeiramente debería aparecer nos catálogos das exposicións.martes, enero 20, 2009
A arte mata...
é política. Velaí os xigantes baleiros do efecto Guggenhein que o noso goberno importou con tódalas consecuencias. De coñecer a historia do noso Gaiás, Benacquista non ambientaría a súa historia en París. A arte contemporánea mudou completamente de linguaxe, ¿a quen lle importa o que é o índigo, a cera fría, a punta seca ou o estofado? A neolingua do capital abonda para entendérmonos. Cotización, subasta, valores en alza, falsificación, exportación, expolio...unha pasta de primeira para o xénero negro. A impostura que a cotío inspira a curadores, artistas, galeristas, críticos, revistas especializadas, directores de museos e a todo o que toca a creación artística máis moderna foi xa tema daquela Cabeza de plástico de Vidal Folch. O tema do "todo vale" trócase nun problema a vida ou morte entre aquel todopoderoso director de museo Cees Wagner e o artista-provocador Kasperle. Dúas boas lecturas para decatármonos do que verdadeiramente debería aparecer nos catálogos das exposicións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
hola ana!
te quería devolver el saludo y decirte que me encanta cómo te ha quedado la cabecera!
un abrazo,
Vin en directo esas pílulas, e a verdade é que aparte dun sorriso cómplice, a obra en si pareceume recargada de máis para transmitir a mensaxe estarrecedora e de concienciación que pretendía, desordenada sen talento, e sen ese punto inquietante cheo de malas intencións enfiadas con sutileza e intelixencia que, como dicía Oscar Wilde (coido), diferencian o común da arte verdadeira.
Tamén teño que dicirlle que aínda que na consulta na que habitamos a miña paciente e máis eu a arte a deixamos para os artistas(en maiúscula) que de cando en vez traemos e citamos alí, e que aínda que, ¡ por tódolos deuses! (hehehe) nada máis lonxe da nosa intención que caer en algo artístico, aínda así, e como prevención, fixen penitencia e me deixei meter nunha cela experimental polo carcereiro do MARCO. Tocoume cumprir a pena lendo a Tomás Moro. Utopía…
Grazas polo agasallo, Ana Bande, sempre que paso por aquí me levo algún. Libros, a moreas.
Unha aperta.
Publicar un comentario