Coa viñeta do señor Quesada do Faro Divino (que diría a amiga R.A.) marco definitivamente este xornal como absolutamente prescindible. É precisamente esa complacencia cos tópicos máis rancios, señores do Faro de Vigo, unha das causas da perpetuación de aptitudes xenófogas, discriminatorias e humillantes para os destinatarios dos seus "chistes". Como muller, agradézolle que de forma tan palmeria amosen os seus prexuizos e falta de sensibilidade. Pura falta de intelixencia, por outra parte, que é tan precisa, para evitar males maiores.
PD. Pero como ninguén do FdV vai ler este bló podedes facerlle chega a vosa opinión directamente aqui: redaccion@farodevigo.es
PD. Pero como ninguén do FdV vai ler este bló podedes facerlle chega a vosa opinión directamente aqui: redaccion@farodevigo.es
Pero....non, este non vai ser o post que o venres de carnaval merece.
4 comentarios:
Pero Ana... no Faro escribe estupendamente Armando Álvarez e Millás. Anda por alí Ferrín. Un sr. apelidado Ponte tamén di cousas interesantes e durante uns anos o magnífico Eduardo Rolland deixo artigos excelentes.
Condenar a un todo pola parte non é xusto. Se fixéramos así non leriamos ren.
Tes toda a razón bouzafría...e que estaba quente de máis e non quería que se me pasara o cabreo. Bico gordo!!!
Ten razón, pero no caso de Quesada é patético. Leva anos facendo o mesmo chiste (un dicir) sen gracia: por explicalo, creo que fai viñetas para xente dunha determinada idade e cun determinado pouso de machismo reseso procedente da noxenta educación sexual do franquismo.
Por se non o sabe (que seguro que si) Bouzafría, o Rolland escribe agora na Voz. E por certo, o señor Ponte é o pai de Laura Ponte.
Non dramatizemos. Comentei este chiste cunhas amigas e a ningunha lle pareceu ofensivo ou machista. Elas tamén se riron con el porque no fondo é só eso: un bo chiste.
Buscarlle outras connotacións paréceme inxusto.
Publicar un comentario