Estas deliciosas achegas musicais teño que agradecerllas a Gabriel, unha promesa en moitos eidos da nosa cultura da que teño a sorte de disfrutar a cotío, en pouco tempo será grande, moi grande. Sei o que digo. De momento non deixedes de seguir un dos seus espazos. Que fale Gabriel...
Esta rapaza contrabaixista, cantante e compositora é a "esperanza" para moita xente que estuda un instrumento relegado a un curruncho da orquestra clásica ou a formar parte da base rítmica dalgúns ostinato jazzístico, agás honrosas excepcións (clic e clic). É unha mostra de que os límites están nos instrumentistas non nos instrumentos. Se unha cousa non se fixo ata o de agora, non significa que non se poida facer. O límite é a creatividade e facer unha música honesta con un mesmo, certamente algo complicado hoxe en día.
4 comentarios:
!Arrea!¡Pero mecajonodemo!A quen se lle ocurre deixarlle tocar un contrabaixo a unha rapaza. Ala vai ó carallo, por non dicir á caralla, toda a tradición. Pero ¿é que xa non hai respecto a nada?. Vai ser cousa da droga no colacao pero a condenada faino tan ben que pode quedar soa no escenario voando entre os áxiles e precisos dedos que pulsan as cordas para acariciando o aire que logo respira.Purito contraste de forza e finura, de grave e agudo,de quietude e movemento. Vaia o dito unha cafrada. Ah, por certo, nas caricaturas os cans e os instrumentos son fiel reflexo dos seus donos. neste caso tamén acontece. Vaia contrabaixo escuchimizao que manexa a rapariga. Así calquera, eso toca so e lévase na bici. Ningún mérito. A Spalding íalle quedar doente de tocar o contrabaixo de toda a vida. tanta, tecnoloxía, tanta modernidade,...
Esquecíame. Exemplo claro de contrabaixista pode ser Esbjörn Svensson trio. Eso si que se axus ó canon: calvo, gordo,caladiño e con cara de retraído. Logo ven a susodicha Spalding con esqa melena e claro: despista a calquera czarda que se lle poña por diante.
Pero tamén chos hai ben ghuapiños. Un Kin García con ese pelaso plateado. Ata cunhas copas, Jaco Pastorius tenche un aquel sexy
E ademais é ben juapiña... jajajaja. O "aparato" este que toca no video é o que utiliza nos concertos. As veces usa outro mais pequeno ainda, e electrificado. Buscade no Youtube e veredes. Nas grabacions usa o "moble" de toda-la vida.
Haberia que estar pasadiño de copas para atopar sexi o difunto de Pastorius, pero era o mellor.
Publicar un comentario