Descalza e derreada logo de oito horas de house ininterumpidas, o Show Me Love batía nas miñas tempas coa forza do ancestral folón hidráulico que conturbou o siso do cabeleiro. A noite estragouse definitivamente cando te albisquei entre a multitude fuxindo descaradamente entre o arrolo perfumado de dúas recén graduadas que exhibían fachendosas a causalidade dos seus abultados currículos. Decidín acubillarme ao abeiro dos gintónics que con tanta persistencia como descaro me metía entre as mans M. Era tamén a súa noite e ben sabía eu que trataría de tirar todo o partido desta oportunidade para facerme as beiras. Deixeme arrandear, Bring It Down, Bring It Down, voluptuosamente consciente das olladas que me engaiolaban nun turbillón psicodélico polo que esvaraba a gusto a percepción do tempo. Non sei as horas que aturei a impertinencia da súa man invadíndome e a brusquedade coa que o seu corpo disimulaba coreografías impostas pola implacabilidade do DJ. Cicais foi aquel case imperceptible cambio de luces o que me fixo acordar e rexeitar de socato a impunidade que lle regalaba. Era xa demasiada a suor, lembreite de súpeto e sentín un irrefrenable desexo de estar a soas contigo. O camiño cara a saída case foi imposible entre as moreas de mans que tentaban volverme ao inferno da pista, malia todo conseguir saír ao exterior. Pechei os ollos e aspirei profundamente, tratei de arranxar a desfeita do vestido e baixei as escaleiras cara o párking. Naquela absoluta tranquilidade só sentía o bruído dos meus pasos, veña, unha pequeno esforzo e xa está, o coche está aí preto, seguro. O vello truco do mando a distancia non respondía e non se prendían luces por ningures, así que decidín descansar disimuladamente apoiada na parte dianteira dun automóbil que sobresaía daquela ringleira interminable. Pouco a pouco mitigábase o martelar da música na miña cabeza e o corpo ía recuperándose do naufraxio. Quedei case durmida cando sentín un leve movemento e cando abrín os ollos aí estabas ti, limpo e fresco, co teu sorriso cativador percibindo a miña ebria incapacidade para manterte a ollada. Agochaches o meu azoramento cunha aperta longa e suave que rematou coa miña camisa na túa man, limpando os refugallos da noite. Moi a modo acomodáchesme no asento traseiro onde me abandonei a un sono no que ía quedando espida naquel delicioso silencio...
Pegada da imaxe aquí
3 comentarios:
Busquese algunha pequena compaña e manteña o ritmo de Summy Davis Jr.Fly with flower in your hair
ieeeeeeeeeeeepa!
Ánimo, Ana Bande: os teus simpáticos amigos xa están volvendo aos vellos bos tempos. Como dicía aquel que a ti tanta risa che daba: a única Igrexa que ilumina é unha Igrexa que arde. Felicidades.
http://www.abc.es/20090713/nacional-madrid/intentan-quemar-iglesia-majadahonda-200907131717.html
Publicar un comentario