Concordo con Molina Foix no de corrección escolástica, pero non que sea unha adaptación literal. E que esas dúas impresións parécenme contradictorias, ademais. Hai dous anos que lin o libro e teño mala memoria para feitos, nomes e topografías, pero non para sensacións. E lembro perfectamente a riqueza de matices dunha lectura durísima e dunha crueza só comparable coa hostilidade dun entorno ameazador no que non se albisca esperanza algunha de felicidade e reconciliación. A grandeza de Malkovich impide ver a David Curie, o sublime profesor de literatura no que se debate o romanticismo de Wordsworth e o un irrefrenable deseo sexual ao que é doado responder dende unha posición de poder. A súa relación coas mulleres sempre é de dominio e intúense doadamente o perfil dun maltratador de alto standing. Aí é onde Malkovich está maxistral. Mais a maior parte da historia desenvolvese no complexo contexto da convivencia coa filla, un insólito personaxe que representa maxistralmente a capacidade feminina de autoflaxelación nunha actitude incomprensible de aceptación de tódalas culpas habidas e por haber. Cicais a maior riqueza do filme, e do libro por suposto, e a extraordinaria oportunidade que nos brinda para reflexionar sobre a orixe e complexidade da violencia entre sexos, entre pais e fillos e entre culturas como froito dunha dominación do masculino, do relixioso, do irracional. viernes, agosto 21, 2009
Desgracia, Steve Jacobs
Concordo con Molina Foix no de corrección escolástica, pero non que sea unha adaptación literal. E que esas dúas impresións parécenme contradictorias, ademais. Hai dous anos que lin o libro e teño mala memoria para feitos, nomes e topografías, pero non para sensacións. E lembro perfectamente a riqueza de matices dunha lectura durísima e dunha crueza só comparable coa hostilidade dun entorno ameazador no que non se albisca esperanza algunha de felicidade e reconciliación. A grandeza de Malkovich impide ver a David Curie, o sublime profesor de literatura no que se debate o romanticismo de Wordsworth e o un irrefrenable deseo sexual ao que é doado responder dende unha posición de poder. A súa relación coas mulleres sempre é de dominio e intúense doadamente o perfil dun maltratador de alto standing. Aí é onde Malkovich está maxistral. Mais a maior parte da historia desenvolvese no complexo contexto da convivencia coa filla, un insólito personaxe que representa maxistralmente a capacidade feminina de autoflaxelación nunha actitude incomprensible de aceptación de tódalas culpas habidas e por haber. Cicais a maior riqueza do filme, e do libro por suposto, e a extraordinaria oportunidade que nos brinda para reflexionar sobre a orixe e complexidade da violencia entre sexos, entre pais e fillos e entre culturas como froito dunha dominación do masculino, do relixioso, do irracional.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Seguir a reflexionar sobre a orixe e complexidadade da violencia entre sexos, etc.? Para qué?
Como que para que? Xa está todo dito?
Obviamente. Esta todo dito e lexislado. Agora compre acción. Así o vexo eu.
obviamente canciño, a xulgar polo que acontece a diario eu diría que, sendo optimistas, estamos aínda na prehistoria.
Publicar un comentario