miércoles, agosto 19, 2009

[et al.]

promiscuo, como le Déjeneur sur l´herbe
desbocado e transgresor, coma o código de Hammurabi,
irreflexivo, coma o que gravaba nas trabes do seu castelo "¿que sais-je?"
utópico, coma a omnipresencia do deus,
irregular, como a circulación sanguínea,
egoísta, como unha arroiada tropical,
tan oscuro coma os versos do amor oscuro,
indecente, coma o imperativo categórico,
inseguro, como a segunda lei da termodinámica,
e perverso, como Sherezade,
ofensivo, coma o aloumiño do sol no corpo maltratado de unha muller,
desacougante, como a gymnopedie nº 1 de Eric Satie,
tan falso como a verdade que di o poeta,
pecaminoso, iso si, coma todolos santos e mártires,
perigosísimo, como os Cronopios e frío como o gálata moribundo,
incorrecto e desleixado, coma o soneto 88 de Shakespeare,
ofensivo, como o epigrama de Marcial,
e falso, coma o aleph e o zahir, tolo, enaxenado, desordenado, efémero, envelenado....

3 comentarios:

Álvaro Montoya dijo...

Gústame moito Ana, soas nova e profunda e, ao tempo, fíos de escuma batentes sobre unha rocha de palabras
despréndense dos teus versos.

Ana Bande dijo...

buahhhhhhh...¡que bonitoooooo!!! grazas neno, que ben que sabes!!!

cãosemdono dijo...

Inseguro como a segunda lei da termodinámica?? Pero bueno!! Realmente non se me ocurre mellor exemplo de inexorabilidade que ese!