viernes, noviembre 05, 2010


Adicado a Susana, que me trouxo este simpático papiña
Somos catro ou cinco os que non o agardamos, pero por se acaso nos reproducimos como pans e peixes estamos vixiados polos corpos especiais da policía que onte arremeteron contra un mozo que manifestaba a súa xenreira contra tanta paparrucha en Santiago ¡M.C.N.H.! se chegamos a ser vinte volven prender o lume. Eu me pregunto ¿pero por que teñen medo de media ducia de estudantes? very easy....saben que cos que contan son cos centos que han estar alí pero que o resto, os indiferentes, os que imos seguir coas nosas vidas tapando o nariz, vamos, os que non imos á misa, somos case todos ¿ou non?. A verdadeira fe é a dos hostaleiros composteláns que andan a ver se cun grolo de auga bendita lle cambia a sorte!
Con música todo se leva moito mellor, ai vai unha destes "monstros"
¡para ti RODRIGO!

4 comentarios:

J.A.Liñares O Falso da A.E.H.S. dijo...

Mira, nenita, te boi dicir una cosa; nenita (insisto): pierteneces a un setor residual radicalizado no preocupante para la hostelería compostelana i más pa la cidadanía en gueneral.

http://www.publico.es/espana/344317/santiago-recibiria-al-dalai-lama-con-la-misma-cordialidad-que-al-papa

Que ti quedi claro.

PD: Chs, y en el curro no se habla que están las chevalas chapando.

d.c. dijo...

E por que non imaxinar, en plan pesadelo surrealista de Buñuel, que o botafumeiro se volve tolo, monta en cólera, perde o control totalmente, sai do ámbito natural da catedral e impacta selvaxemente contra o Papamóvil, producindo na masa relixiosa que contempla o desfile e participa afervoadamente, ben por por convicción ou ben por curiosidade, na exibición da urna vaticana un asombro e espanto difíceis de explicar...

Rodrigo CdeS dijo...

Nos (e que se pega todo Dona Ana) a boa xente non creente, atea, agnóstica e demais especies, incrusive os que simplemente pasan, respetusos coma os que mais e que o único que eiximos? pedimos con humildade e que no se metan nas nosas vidas,temos que sair a toda pastilla pra que isa galerna procedente de Roma e acelerada polos ventos politicos da nosa península, non nos espete contra as rochas de finisterre, por por un exemplo.
(E non temos nada que facer Dona Ana)
Xa sabes, pregar moito e esperar o milagre de que eles se convertan a o laicismo que nos practicamos pacíficamente.
Un saudo Dona Ana

Ana Bande dijo...

vaia, só uns poucos días e xa me sinto menos residual e radicalizada, ta ben, ta ben...

algúns amigos dicían que me poñía un pouco pesada co tema e agora non podo ler un blo, un xornal ou un chiste que non sexa sobre o papa, pero entre todo o que lin, que non foi moito vou destacar tres cousas....

primerio o artigo de Fernando Savater ¿hasta cuando?, subscribo ata os espacios en blanco...

http://www.elpais.com/articulo/opinion/elpepiopi/20101109elpepiopi_4/Tes

non ten desperdicio tampouco a análise que fai Manolo Saco "Los derechos humanos son unha cojudez"...

http://blogs.publico.es/manolosaco/2354/los-derechos-humanos-son-una-cojudez/


e por último para amolar ben aos que temos que seguir sufrindo a Salustiano, velaí vai a derradeira flatulencia do noso rector magnífico....

http://duvi.uvigo.es/images/quiosco/ab051110.jpg