jueves, noviembre 04, 2010

O medo ao coñecemento. Contra o relativismo e o constructivismo, P. Boghossian

Verdade, coñecemento, crenza, mito, relato, xustiza, medo, mentira, ignorancia, nihilismo, medo, conto, pasado, impostura, creacionismo, negacionismo, medo, relativismo, racionalismo, subxectividade, constructivismo, medo, e entre doxa e episteme, entre ver ou non ver para crer ou non crer, e entre paralaxes e postmodernas teorías da desconfianza que pelexan polo premio máis absurdo, a orixinalidade, xa non sabemos se imous ou nos levan, se soñamos que fomos conscientes de certo pracer ou o orgasmo é tamén un feito socialmente construido, así que aínda que non podo discutir cun negacionista ou un creacionista ás veces dubido de que o coñecemento tal como eu imaxinei algún dia exista realmente e entón penso si serei afouta para achegarme ao abismo da dúbida. Pelexar coa dúbida, fuxir dos cíclopes e deixarse aloumiñar pola vanidade de sentirse ninguén, ninguén para xerar unha teoría nova dunha ciencia descoñecida, a forza irresistible que turra cara abaixo, a gravidade que me lembra a case insoportable vanalidade de pensarme quen de coñecer....e todo este conto ben a conto deste libro no que a filosofía fai un esforzo de sinxeleza para orientarnos só un pouquiño no xa case indescifrable panorama do que é e do que non é.

No hay comentarios: