lunes, enero 31, 2011
Os luns ao sol (si hubiera o hubiese)
jueves, enero 27, 2011
Falar con P.
Falar con P. é a mellor terapia contra o pesimismo. Lembramos o mal que vai todo. O asociais que nos imos facendo por non querer mudarlle o nome ás cousas. Maldicimos coa forza da impotencia que sentimos polo pailanismo institucional. Estamos no traballo o día dunha folga paifoca e cara a galería. Lamentamos que non nos chamen á folga o día das eleccións xenerais, que era cando realmente habería que parar todo. Lembramos a amigxs comúns. Unxs xa se foron e case ninguén xs lembra. Xs mellores non procuraron nunca que se lles lembrara. Tampouco están a latricar no virtual todo o día dando a murga. Que quede claro. Falar con P. é prender o lume. Non para queimar igrexas. Non soportaría o cheiro a sotana quemada. Lume para quecer a carón dunha aperta ben dada. Desas que deixan pasar a caloriña, como cando estamos espidos e aspiramos con gusto a suor dxs que queremos ata gardalo ben adentro. Falar con P. debería entrar na seguridade social. Aí si que me pillarían nun centro de saúde. Se me atendese P. con toda a súa mala hostia e o seu grandísimo corazón e a súa cabeciña tan ben posta.
martes, enero 25, 2011
imeils/1: sobre a Cidade da Cultura, de Teresa de Hipona.
o da cidade da cultura é inenarrable, se che conto o que fixen alí o outro día alucinas. Cheguei pasadas as dúas da tarde, porque o sábado pechan a biblioteca Anxel Casal a esa hora, e antes de ir comer decidín ir ata alí para ver que horarios tiña e demais. Había un coctel con medio centear de persoas, entrei pola porta dirixinme a un garda de seguridade porque era o único persoal recoñecible que vin e antes de que lle preguntara nada xa me advertiu que non podía pasar ao ágape. En fin, repliqueille que só quería informarme de como funcionaba a biblioteca e díxome que preguntase máis adiante. Non había ninguén a quen preguntar, así que dei unha cantas voltas polos estantes, e vin que case toda a colección deses estantes era sobre biblioteconomía e documentación. Dez minutos máis tarde estaba sentada nunha mesa facendo test do tema de arquivos dun manual de academias da editorial X. Pensei, madre de deus, aquí estou facendo test nun continente de 400 millóns de euros, algo que podería facer en calquera biblioteca de barrio cuxa construcción se podería facer por 4 millóns de euros, máis ou menos. O do ágape era por un ciclo de conferencias sobre escritores que hai os sábados ás 12.00 horas e que, segundo publicou un xornal, custa 130.000 euros, non está nada mal para uns coloquios-jolgorios para disfrute de medio centear de diletantes e algúns interesados na literatura, que tamén os haberá, non digo que non, pero o mesmo, esas mesmas conferencias poderían terse impartido na sala Sargadelos no centro da cidade, ou en calquera aula de cultura das que hai en Compostela. De novo, santo deus un continente de 400 millóns de euros para que veña María Kodama a falarnos de Borges! Juapa, xa falamos, cóidate moito, non fumes, bicos e feliz frío día de domingo.
Foto: Granada, 2009
lunes, enero 24, 2011
malditas yndias (...)
lectura recomendada: El inca y sus curacas
miércoles, enero 19, 2011
Falar dignamente é máis beneficioso para a saúde que deixar de fumar...e adiviña...
Non se precisa ler a Geertz, nin a Malinoswki para saber que cultura con non casa ben con moitas verbas ás que de cotío acompaña nun intento de dar lustre ao que normalmente ou ten unha carencia intrínseca de mérito per se ou simplemente é un concepto emerxente ao que hai que "engadir valor como sexa". Son tempos tamén de reflexionar sobre a conveniencia de desterrar do vocabulario eses termos que axudaron tanto á crise. Expresión que denotan baleiros e fume que se disfrazaron cos oropeis de expresións talismán como "poñer en valor", "efecto chamada", "cultura+de+calqueracousa": cultura do corpo, cultura do viño de autor, cidade da cultura...¿a onde imos chegar con isto? porque señores de El Pais, denunciar será moitas cousas, pero cultura, cultura....!
martes, enero 18, 2011
Pa Negre

Fun ver onte Pa Negre. Non ía convencida. A guerra, a posguerra, ese realismo brutal que se esbozaba no tráiler do filme, o descoñecemento de Agustí Villaronga. Parecíame máis do mesmo. Pero L. cando lle preguntei por Pa Negre fixo un aceno especial. ¿que tal esta peli? ¿gustouche? e asentiu cun sorriso de namorada, como se lle preguntase pola música brasileña ou polo Senegal, polas cousas que a emocionan. Así que tarde ou cedo vería a película. E menos mal. Porque estou segura de ter asistido e coñecido unha das historias máis consistentes e ben trabadas do noso cine. Decir que quedei atrapada dende a primeira escea é unha banalidade porque a primeira escea é a chave. Se traspasas esa porta podes participar na emoción brutal que se desprenden de todas as que a continúan. A violencia e a contorna lembran moito ao mellor do cine galego, o daqueles anos que fixo pensar no inicio dun cinema propio..Sempre Xonxa, Continental....a brutalidade do enxebre sometida á maxima potencia por mor da guerra e do odio que sementará para as futuras xeracións. Non hai bandos. Gustoume eso. Brutal. Non hai bos nin malos. Todos malos. Homes, mulleres, adultos, nenos, curas, laicos, mestres, alumnos, ricos, pobres, roxos, pardos, listos, burros....sen descanso, sen solución de continuidade, sin falsa compaixón. Un mundo fabricado con mentiras do que só se salva o neno protagonista ¿salvase? ¿seguro? Un traballo que hai que ver para sentir e crer porque algo así non se fixo nunca. Creo que onte recolleu nonseicantos premios esta película, non é de estrañar. Alguén dixo que traballar con Villaronga "é unha satisfacción alucinante porque se sofre moito, coma se un cirurxián te abrise para cambiarte algo por dentro", pois así é velo tamén.
miércoles, enero 12, 2011
y también la lluvia....
A prometedora proposta da Bollaín quedou en táboas. A medida que a vou dixerindo, logo de disfrutala no cine, albisco erros imperdoables e atrevementos descarados que só se perdoan por determinadas xogadas mestras que salvan a película cun aprobado moi raspadiño. A intención social sempre comporta riscos cando é tan deliberada. Ao forzar a mensaxe co própósito de remover conciencias é imposible evitar excesos xa no só a nivel de interpretación, senón tamén no amaneramento da técnica. Exemplo do primeiro sería o repetitivo papel de Tosar (pasei a primeira media hora tentando esquecer a malamadre) mentras que para o segundo abondaría mencionar a artificiosidade de determinados planos que nos obrigan a ver unha realidade impostada. Concretamente refírome a eses contrapicados que perseguen ao Tosar que se vai facendo bo contra o final. Se teño que comezar polos desacertos segundo o seu nivel de impertinencia aludiría en primeiro termo á desconcertante introdución da figura do intérprete nas esceas que se refiren á película que supostamente se está rodando dentro da película. No sei como poden cometerse gazapos deste calibre en películas que presumiblemente van ser o mellor do nosi cine. ¿como é posible que a ninguén lle so
rprendese a existencia deste personaje? ¿e que se supón que antes de facer a súa primeira viaxe, o inefable Colón mandou a un par de criados para aprender as linguas indíxenas que logo lle ían permitir conquistar a gusto? Xa non comento a existencia dun galego (cun acento moi marcado, por certo) acompañando á expedición. Podería tratarse dunha chiscadela ou brincadeira como a de Sebastian (o suposto director da película sobre o descobremento que fai Gael G. Bernal) ao falar co productor Costa (Luis Tosar) sobre a incongruencia de que os taínos estéan representados por indíxenas dos Andes. Entendo que Bollaín con esto quere criticar o secular desprezo caro o recoñecemento dunha alteridade que caracteriza a aptitude occidental para con esas malditas indias. Estratéxicamente é unha boa aposta rodar sobre unha rodaxe. Non importa que xa o fixera Fellini precisamente nesa película de onde se tomou a idea do crucificado sobrevoando Roma (aquí a selva Boliviana). A idea felliniana ten tanta forza que ben merece que a copien aínda que se perda a frescura da orixinalidade. Neste caso, o truco sérvelle á Bollaín para triplicar puntos de vista e cicais tamén para diluir responsabilidades. O resultado parece satisfactorio. Fíxádevos por exemplo no xogo que aporta na riqueza do diálogo que se establece entre o Karra Elejalde (que está magnífico, por certo) Cristóbal Colón, e o Karra Elejalde que fai de personaxe que interpreta a Cristóbal Colón. Para min, estos momentos son do mellor da película, sobre todo cando este segundo Elejalde (Antón) protesta porque o director non lle deixa axustarlle as contas a seu personaxe. É que verdadeiramente xa van sendo horas de ollar de frente ao Almirante ¿o non? ¿canto tempo máis vai permanecer agochado este afortunado mariñeiro baixo as interesadas pinceladas dos que o pintaron e describiron coma o anxo enviado por Deus para a conservación da cristiandade? Esa mesma ferramenta funciona tamén co desdobramento doutros personaxes.
Carlos Santos/Alberto/Bartolomé de las Casas reflicte perfectamente e cun par sólidas pinceladas a dobre moral do colonizador/conquistador/primeiro mundo ao tempo que debuxa moi ben a intrincada e complexa personalidade do frade acadou o título de defensor de indios practicando o mesmo descarado escravismo que criticaba. Un pouco máis descuidado pero igualmente didáctico está Raúl Arévalo coa súa dobre personalidade Juan/Montesinos e por suposto a figura do líder indíxena, Juan Carlos Aduviri/ Daniel/Hatuey, que loita contra a os conquistadores, tanto os do século XVI como os do XX, amosando plena vixencia dunha desacougante realidade de explotación dos mesmos sobre os mesmos logo de medio século. A riqueza do proxecto de Bollaín e Cía. amósase en case todas as esceas mais atopo especialmente atractivas pola limpeza da ollada as das rúas e xentes da Bolivia actual. Un amigo xeneroso que viaxou alí o pasado verán agasalloume cunha boa morea de fotografías. Fixo unha serie sobre as manifestacións que atopou en Sucre. Eran traballadores do Potosí que reivindicaban os seus recursos naturais. América Latina segue coas veas tan abertas como nola describiu Galeano. Para desgraza destas xentes, as vetas semellan non esgotarse nunca, e senón da igual. Sempre haberá vento, sombra, frío ou chuvia que mercar e vender.

Carlos Santos/Alberto/Bartolomé de las Casas reflicte perfectamente e cun par sólidas pinceladas a dobre moral do colonizador/conquistador/primeiro mundo ao tempo que debuxa moi ben a intrincada e complexa personalidade do frade acadou o título de defensor de indios practicando o mesmo descarado escravismo que criticaba. Un pouco máis descuidado pero igualmente didáctico está Raúl Arévalo coa súa dobre personalidade Juan/Montesinos e por suposto a figura do líder indíxena, Juan Carlos Aduviri/ Daniel/Hatuey, que loita contra a os conquistadores, tanto os do século XVI como os do XX, amosando plena vixencia dunha desacougante realidade de explotación dos mesmos sobre os mesmos logo de medio século. A riqueza do proxecto de Bollaín e Cía. amósase en case todas as esceas mais atopo especialmente atractivas pola limpeza da ollada as das rúas e xentes da Bolivia actual. Un amigo xeneroso que viaxou alí o pasado verán agasalloume cunha boa morea de fotografías. Fixo unha serie sobre as manifestacións que atopou en Sucre. Eran traballadores do Potosí que reivindicaban os seus recursos naturais. América Latina segue coas veas tan abertas como nola describiu Galeano. Para desgraza destas xentes, as vetas semellan non esgotarse nunca, e senón da igual. Sempre haberá vento, sombra, frío ou chuvia que mercar e vender.
Foto: Xan Garrido. Manifesto Potosino, agosto 2010.
viernes, enero 07, 2011
confesa e adiviña...
Dúas olladas da mesma miseria foron recollidas pola cámara de dous artistas que vos propoño adiviñar. Pódense visitar as exposicións das súas obras hoxe mesmo aínda que se atopan a cincocentos quilómetros de distancia. As dúas semellan olladas case idénticas pero hai sutís diferencias entre elas. No primeiro caso, o confesor adopta unha curiosa pose. Non dubido da pouca graza que lle fixo ser obxectivo da impertinencia da cámara. A brancura da alba, símbolo da pureza da alma lavada polo bautismo non agocha a negrura do hábito. Consciente da impostura tenta agochar a carraxe que lle produce a situación cunha man que se lle queda pequena. Estomballado de medio corpo, amosa o seu secular desprezo cara a pecadora, unha velliña que pola contra, amosa unha presenza de ánimo, unha credulidade e ledicia propia dunha mociña inocente. E logo está esa man. Fixádevos ben o pathos que se engade á acción cun escorzo tan aparentemente inocente. Seica ten medo de ter que fuxir de socato ¿non? No segundo caso vemos outra imaxe da miseria. Moito máis profesional, diría eu. Aquí o vendedor de seguros amósase concentrado no seu traballo. Eu diría que escoita atentamente á pecadora de turno. É unha iconografía moito máis digna, serena e recollida. As mans suavemente entrecruzadas sobre un regazo recollido entre as faldas non ten nada que ver co descarado escarranchamento anterior. Cicais non se pecatou da presenza da cámara. Iso seguro. Diríamos que a acción transcorre independientemente da nosa existencia. Independientemente do mundo exterior. Hai traballo que facer, iso amósao ben claro a ringleira de usuarias da caridade enlatada e enlutada que agardan turno. Confesade pecadores...¿non vedes a negrura que se agocha baixo estes hábitos secularmente masculinos e singulares?...ben, ao que íamos...¿quen fixo estas fotos?
...fóra de concurso...non me resisto a esta mala confisión que ilustra a magnífica crónica de Poma de Ayala e de paso recomendo este magnífico recurso web para a memoria chilena...

mala conficio que haze los padres y curas de las dotrinas aporrea a las yndias prenadas y a las biejas y a indios y a las dichas solteras no las quiere confezar de edad de beynte anos no se confieza ni ay rremedio dellas
desfalecemento súbito

Marion Ménard, atravesaba a escea para desfalecer teatralmente nos brazos do seu magnífico amante Beaumarchais mentres alguén suplicaba no patio de butacas pola presencia dun médico. As olladas por uns intres ían da luz á escuridade tratando de non perder o fío de dúas realidades tan paradoxalmente idénticas e sincronizadas. Podía tratarse do típico truco teatral no que se quere implicar ao público no desenvolvemento da trama. Non era o caso. Dende o palco do terceiro andar e coa escasa luz que sobraba do escenario albiscabamos o sufrimento real dun espectador anónimo. A., visiblemente afectada falaba da necesidade de paralizar a actuación, xuraba que de ser eu a afectada por unha doenza repentina berraría ata que prenderan as luces e viñera un médico a auxiliarme. Eu faría o mesmo. Paralizaría a ficción. E matinei en seguida na confusión que de cotío nos paraliza, a tranquilidade coa que deixamos fuxir o que queremos mentres erguemos castelos no ar. O señor Flotats estivo grandioso en escea, certo, aplaudín a gusto a súa xenial interpretación de Beaumarchais, mais....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)