jueves, enero 27, 2011

Falar con P.

Foto: no Trampitán ,2010
Falar con P. é a mellor terapia contra o pesimismo. Lembramos o mal que vai todo. O asociais que nos imos facendo por non querer mudarlle o nome ás cousas. Maldicimos coa forza da impotencia que sentimos polo pailanismo institucional. Estamos no traballo o día dunha folga paifoca e cara a galería. Lamentamos que non nos chamen á folga o día das eleccións xenerais, que era cando realmente habería que parar todo. Lembramos a amigxs comúns. Unxs xa se foron e case ninguén xs lembra. Xs mellores non procuraron nunca que se lles lembrara. Tampouco están a latricar no virtual todo o día dando a murga. Que quede claro. Falar con P. é prender o lume. Non para queimar igrexas. Non soportaría o cheiro a sotana quemada. Lume para quecer a carón dunha aperta ben dada. Desas que deixan pasar a caloriña, como cando estamos espidos e aspiramos con gusto a suor dxs que queremos ata gardalo ben adentro. Falar con P. debería entrar na seguridade social. Aí si que me pillarían nun centro de saúde. Se me atendese P. con toda a súa mala hostia e o seu grandísimo corazón e a súa cabeciña tan ben posta.

1 comentario:

Ari Schreiber dijo...

Non sei quen é P. pero ese é o libro de visitas do Trampitán do meu Alfredo!!! Un bico grande, Arianne.