A prometedora proposta da Bollaín quedou en táboas. A medida que a vou dixerindo, logo de disfrutala no cine, albisco erros imperdoables e atrevementos descarados que só se perdoan por determinadas xogadas mestras que salvan a película cun aprobado moi raspadiño. A intención social sempre comporta riscos cando é tan deliberada. Ao forzar a mensaxe co própósito de remover conciencias é imposible evitar excesos xa no só a nivel de interpretación, senón tamén no amaneramento da técnica. Exemplo do primeiro sería o repetitivo papel de Tosar (pasei a primeira media hora tentando esquecer a malamadre) mentras que para o segundo abondaría mencionar a artificiosidade de determinados planos que nos obrigan a ver unha realidade impostada. Concretamente refírome a eses contrapicados que perseguen ao Tosar que se vai facendo bo contra o final. Se teño que comezar polos desacertos segundo o seu nivel de impertinencia aludiría en primeiro termo á desconcertante introdución da figura do intérprete nas esceas que se refiren á película que supostamente se está rodando dentro da película. No sei como poden cometerse gazapos deste calibre en películas que presumiblemente van ser o mellor do nosi cine. ¿como é posible que a ninguén lle sorprendese a existencia deste personaje? ¿e que se supón que antes de facer a súa primeira viaxe, o inefable Colón mandou a un par de criados para aprender as linguas indíxenas que logo lle ían permitir conquistar a gusto? Xa non comento a existencia dun galego (cun acento moi marcado, por certo) acompañando á expedición. Podería tratarse dunha chiscadela ou brincadeira como a de Sebastian (o suposto director da película sobre o descobremento que fai Gael G. Bernal) ao falar co productor Costa (Luis Tosar) sobre a incongruencia de que os taínos estéan representados por indíxenas dos Andes. Entendo que Bollaín con esto quere criticar o secular desprezo caro o recoñecemento dunha alteridade que caracteriza a aptitude occidental para con esas malditas indias. Estratéxicamente é unha boa aposta rodar sobre unha rodaxe. Non importa que xa o fixera Fellini precisamente nesa película de onde se tomou a idea do crucificado sobrevoando Roma (aquí a selva Boliviana). A idea felliniana ten tanta forza que ben merece que a copien aínda que se perda a frescura da orixinalidade. Neste caso, o truco sérvelle á Bollaín para triplicar puntos de vista e cicais tamén para diluir responsabilidades. O resultado parece satisfactorio. Fíxádevos por exemplo no xogo que aporta na riqueza do diálogo que se establece entre o Karra Elejalde (que está magnífico, por certo) Cristóbal Colón, e o Karra Elejalde que fai de personaxe que interpreta a Cristóbal Colón. Para min, estos momentos son do mellor da película, sobre todo cando este segundo Elejalde (Antón) protesta porque o director non lle deixa axustarlle as contas a seu personaxe. É que verdadeiramente xa van sendo horas de ollar de frente ao Almirante ¿o non? ¿canto tempo máis vai permanecer agochado este afortunado mariñeiro baixo as interesadas pinceladas dos que o pintaron e describiron coma o anxo enviado por Deus para a conservación da cristiandade? Esa mesma ferramenta funciona tamén co desdobramento doutros personaxes.
Carlos Santos/Alberto/Bartolomé de las Casas reflicte perfectamente e cun par sólidas pinceladas a dobre moral do colonizador/conquistador/primeiro mundo ao tempo que debuxa moi ben a intrincada e complexa personalidade do frade acadou o título de defensor de indios practicando o mesmo descarado escravismo que criticaba. Un pouco máis descuidado pero igualmente didáctico está Raúl Arévalo coa súa dobre personalidade Juan/Montesinos e por suposto a figura do líder indíxena, Juan Carlos Aduviri/ Daniel/Hatuey, que loita contra a os conquistadores, tanto os do século XVI como os do XX, amosando plena vixencia dunha desacougante realidade de explotación dos mesmos sobre os mesmos logo de medio século. A riqueza do proxecto de Bollaín e Cía. amósase en case todas as esceas mais atopo especialmente atractivas pola limpeza da ollada as das rúas e xentes da Bolivia actual. Un amigo xeneroso que viaxou alí o pasado verán agasalloume cunha boa morea de fotografías. Fixo unha serie sobre as manifestacións que atopou en Sucre. Eran traballadores do Potosí que reivindicaban os seus recursos naturais. América Latina segue coas veas tan abertas como nola describiu Galeano. Para desgraza destas xentes, as vetas semellan non esgotarse nunca, e senón da igual. Sempre haberá vento, sombra, frío ou chuvia que mercar e vender.

Foto: Xan Garrido. Manifesto Potosino, agosto 2010.
2 comentarios:
me gustó la película pero en este post encontré claves interesantes que me hicieron reflexionar sobre la persistencia de los tópicos en el tratamiento de la conquista de América. Saludo.
Correcta. Si. Formalmente sen defectos. Pero fría. Moi fría. Non pode deixarte así. Se a nota dun drama se medise no número de bágoas, neste caso non chegaba ao aprobado. Estou contigo Ana. Aínda que non sexamos maioría.
Publicar un comentario