tanto silencio, tanto desconectar, tanto tanto me ten, tanto snobismo individualista, tanto presumir de non precisar de ninguén, tanta corrección, tanta educación, tanto escapismo, tanta autoinculpación, tanto tragar con todo, absolutamente con todo, ata con que nos criminalicen cando lles peta (a ver canto duro online sen que me denuncie algún veciño) porque nós estamos calados mentres eles rouban e fan e desfán leis e fan e desfán delitos, e fan e desfán normas e pecados e deontoloxías porque si, porque poden, porque nós calamos, retirámonos humillados porque sen ser católicos nen crer en pararruchas sentimos vengonza allea, refugallos dunha estúpida relixión que nos contaxiaron os que nunca creron nela, si, marchamos, calados, porque non entendemos, nada, cada día menos, coma sempre pasou cando deixamos o choio nas mans de arribistas sen escrúpulos, cando imos a manifestacións e nos poñemos a carón do que máis berra que é o mesmo que meteu ao fillo de cesteiro na puta festa da reconquista -¿que vos dicía esoutro día?-e leva os cartos do concello para a súa casa, porque na universidade xa lle viron as orellas, nin a mediocres chegan, pouco máis que alfabetizados, o xusto para roubar e que pareza que son progres, como os que concentran a docencia no segundo cuadrimestre e o primeiro día lectivo marchan para casa con todos os cartos que roubaron sin unha puta clase impartida, e nós caladiños, si, porque non queda ben falar alto e dicir nomes, antes fillos de e agora fillos de con oposición para a toda a vida, e nós caladiños, tapando a boca con fedorendas bandeiras que disimulen a carraxe, que falar e berrar queda mal, e dicir os nomes dos delincuentes tamén, e será que queremos ser todos ladróns?, pois a min a menos de medio metro, sexa vostede presidente dunha asociación dun casco moi vello ou ladrón por progresía, ou ministro sen carteira porque cunha tarxeta na que lle ingresamos por real decreto abonda....¿sabedes que vos digo? que de tanto calar aínda se vos vai atoar a gorxa e nin cantantes ides poder ser...
Imaxe: Frans Masereel
4 comentarios:
Tremendo de tanto calar ás veces nos proe a lingua. Canta razonciña tes. E no público nas universidades, na xunta no funcionariado neste tempo que andamos deberiamos todos traballar moito e ben. E eses catro aproveitados que a rañan no seu día a día dentro e fóra do traballo acabaran coa boa sona que o sector público debería ter...
e xa que a pasividade vai ser delicto -manda truco!- non vai quedar outra que pasar a actividade. Xa total...
a todo pobo lle chega a súa hora amiga Crispavon, non é bo para a saúde estar a durmir indefinidamente, din que podes morres diso, os mecanismos sempre foron os mesmos, sempre é o poder o que cando non ten solucións, adoita facer coma que ten que radicalizarse, ameazar con xirar cara posturas dictatoriais ou mesmo adoptar posturas claramente totalitarias para ver se o pobo axuda un pouco botándose á rúa...o que pasa agora é que o pobo non ten nin a mínima conciencia de seu, de guerrillas urbanas sabe máis o ministro que calquera indignado, así que as solucións creo que pasan polo artellamento de ideas novísimas que agardo estean a fermentar na mocidade...
Estou cada vez máis convencido que a esa "tropa" hai que arrinconala, non contar con ela para nada, non facerlles de comparsa absolutamente en nada, que cando haxa algún acto solamente estén eles, non darlles ningunha idea e menos ensinarlle as cartas; facer o posible para sair, dunha puta vez, da corrente consumista estútipa e baleira, dun mercado preñado de obxectos inútiles que o único que consiguen e atar máis e máis ó consumidor, unha carreira hacia ningúnha meta agás a que marcan os mercados donos absolutos da situación económico-social-política-relixiosa-militar-espacial-pimpampúmfuegololita. ¿Qué noxo!
Lástima de paquidermos.
Paco E.
Publicar un comentario