viernes, enero 11, 2013

Libros sobre a crise...ando por aquí


Non, non me esquecín da miña casa, é que hai lecturas obrigadas, reflexións urxentísimas que facer...en todo iso ando hai tempo por estoutro enderezo, convídovos a ler, amolarvos, acougar, coller á realidade pola gorxa e combater polo que nos merecemos, unha dignidade mínima, toda esa que nos rouban os políticos e os mediocres que acadan o poder á mínima que nos despistemos...non despistarse e termar da nosa realidade é responsabilidade nosa, e para iso hai que ter a cabeza despexada...

Convídovos a compartir estas lecturas no blog da mostra de libros sobre a crise que hoxe inauguramos na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo...

P.D. Grazas a Alma polo seu desinteresado traballo de deseño de carteis e material de apoio, grazas á subdirección da biblioteca polo seu entusiasmo coa idea, a Ludivina e Geles polas súas achegas, a Gabriel polas súas suxestións e a tod@s os que abran o espazo e o enchan de ideas e pensamentos.

7 comentarios:

Ana Cosque dijo...

Moi boa idea, Ana. Bicos!

crispavon dijo...

pois si, unha idea excelente, hei pasar por aí e coller algún

Ana Bande dijo...

contra a crise só hai un remedio...¡revolución!...pero para a revolución só hai unha vía, a conciencia de sabérmonos defraudados soberanamente por unha manche a de institucións e individuos que non teñen máis poder que o que nós lles consintimos...así que a ler a ás rúas canto antes!

SurOeste dijo...

Moi boa iniciativa, paréceme que vou mandar un intermediario a coller algunha desas propostas. De momento, difundo a páxina.

Sigrid dijo...

Aí,si señor, esa Ana Bande! ;-)

MS dijo...

2 libros recomendados para entender o mundo actual e a crise económica, do sociólogo Vicente Verdú:

(1) El capitalismo funeral (2010) - edición de bolsillo: Anagrama (uns 7 euros)
(2) La hoguera del capital (2012) - Planeta- (Premio De Hoy 2012) (uns 20 euros).

estadocriticobiblioteca dijo...

grazas MS