viernes, marzo 15, 2013
Retomando a palabra, O funambulista coxo.
Ao funambulista coxo, sígoo dende o xurásico blogueiro, por iso lle teño un especial cariño, bueno, por iso e por que non o coñezo, condición, para min, xa case indispensable para conservar o mínimo de capacidade de admiración que preciso para vivir. Poucas veces prendín a súa ligazón na miña páxina porque hai sitios aos que non vou coa rutina do quen abre un xornal sabendo que cicais a única sorpresa que lle depara é o resultado dun partido que non lle interesa o máis mínimo. Ao funambulista visítoo pouco e con certo reparo. A austeridade do seu caderno e dos seus textos obrigan a unha lectura atenta e ás veces fastidiosa nesa medida xusta que eu preciso para decatarme de que hai que ir a modo coas inxestións textuais. Non sei se as reflexións que fai sobre as infinitas lecturas que anota son acaídas ou non, se se deixa guiar por un teima incoscientemente revolucionaria que o fai derivar por unha beira determinada da filosofía ou non, pero tampouco me interesa. O que atopo verdadeiramente atraente é a súa capacidade para establecer ligazóns entre ideas diversas artellando en cada post unha especie de arañeira conceptual que sacrifica deliberadamente, eso sí que o aprecio, a interesada levedade do que procura un lector, en aras dunha peza que veña para quedar chantada no tecido da súa escrita. Se agora as súas reflexións acadan a gracia do perduráble mellor que mellor. En Estaleiro Editora atopo, tamén, moita lectura interesante da que dar conta.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario