PROTESTAS NO CONGRESO
Onte víamos como un grupo de
tres xóvenes berraban no Congreso cando o ministro Gallardón ( eu lle chamaría
a ovella negra) falaba da reforma do aborto. Paréceme incrible que os cidadáns
non nos poidamos facernos oír no Congreso e sobre todo , e que o Sr Posada se estexa a fixar cómo
sacan as tres xóvenes do Congreso en vez de incluír a proposta destas xóvenes,
que teñen toda a razón do mundo en ir ás Cortes a expresar a súa opinión. Por istes motivos pido
públicamente que se deixe expresar á cidadanía a súa opinión dentro das sesións
parlamentarias . Queremos facernos oír , non nos estades deixando medios .
Queremos que nos escoitedes , que non fagades cousas sen consenso co pobo .
Termino dicindo que si hai algunha detención máis por unha protesta no Congreso
, ese detido serei eu, estarei detido si , pero estarei contento de haberlles
dito o que lles tiña que dicir e sobre todo de haber defendido os meus
intereses como cidadán que son.
¡¡¡ A LOITA CONTINÚA!!!
Por
Iago Aballe Iglesias
No hay comentarios:
Publicar un comentario