Meu amigo Iago, 13 anos, achégame este talentoso escrito. Ogallá a sabedoría fora contaxiosa. Grazas.
A LOMCE , LEI DE VELENO EDUCATIVO
Señorías:
A Lei de Ordenanza da Mellora
da Calidade Educativa (LOMCE), é unha lei que según fontes do PP é necesaria
para a mellora do sistema educativo . Cómo vai ser unha mellora da calidade
educativa se plantexa un método de reválidas da España dos 40 e impón un modelo
neoclasicista , ademais de ser unha lei
segregadora e clasista.
É unha lei antipedagóxica que
presenta un modelo competitivo que non favorece en nada para que chegemos á
igualdade. Ademais desprotexe a nosa lingua que, aprobaron en 1981 unha lei de
normalización lingüística que a pasan polo chan. Nunha escola laica a relixión
vai ser unha asignatura de gran peso .Isto é unha ditadura total .
O director vai ter o poder
absoluto sobre o centro educativo , sen consensuar coa comunidade educativa .
Sigo mantendo que este modelo é dunha ditadura.
Os alumnos que teñen
problemas , como os alumnos de PCPI (Programas de Cualificación Profesional
Inicial) , con esta lei van ter que ir a unha especie de FP inicial , na que o
seu obxectivo non é a que dí o Sr Wert , senón que esos alumnos van a acabar
fóra do sistema educativo .
Por isto e por moitos motivos
anímovos a moveros contra a LOMCE , que vos unades á protesta que queremos
facer . Queremos enviar ao Tribunal Constitucional máis de 500.000 para que se
pare a LOMCE.
É alucinante a actitude da
Igrexa ( aunque eu sexa católico, non estou de acordo coa postura que está
tendo) , porque queren que os colexios laicos e institutos públicos , teñan a
relixión católica como asignatura obligatoria. Insisto é unha actitude
dictatorial.
ANIMOVOS , O FUTURO DOS VOSOS/AS FILLOS/AS ESTÁ EN
XOGO, POR ISO INVÍTOVOS A ASISTIR ÁS MANIFESTACIÓNS CONVOCADAS PARA O 24 DE
OUTUBRO
Por
Iago Aballe Iglesias
2 comentarios:
Ben por Iago! Vémonos na rúa
Temos q conseguir estar unidos para que esta ley non prospere. Unamonos
Publicar un comentario