miércoles, marzo 26, 2014

Relativizadores

Á miña amiga F. o seu psiquiatra recetoulle relativizadores. Si, é certo. Eu, na miña  ignorancia (deliberadamente afortunada), que non desorde (desafortunadamente non deliberada) mental, só tiña oído falar de antipsicóticos, antidepresivos, ansiolíticos e pouco máis. Así que, deume a risa. E F. amolouse. Claro. Pero eu seguín escachando a gargalladas como se non tivese tomado na vida relativizador algún e fose vitima dun desenvolvemento neuronal propio, autónomo e alérxico a vedemécun ningún. F. comeza a rir tamén, pero con desconfianza. Ela vai polo rego. Eu pódolle servir para maquetar un documento oficial pero non para opinar sobre as insondables cuestións que unha se plantexa cando camiña por fóra da rexa da autoestrada agardando a que a velocidade e o tempo do outro lado se axusten un pouco aos seus rodamentos mentais. Á veces río porque sí, explícolle. Porque me da a gaña. Non porque a cuestión teña graza. É unha imposición que me fixen dun xeito un tanto arbitrario como mecanismo de defensa ante  incomprensións do contexto. Moito mellor iso que descerebrarse tratando de disimular adaptacións ao medio imposibles que farían remexer ao Darwin no seu cadaleito. Ademáis moito mellor autoregularse, aínda que unha non acade a plasticidade exacta que pide o momento, que tomar relativizadores. A punto estou de pedirlle a F. o enderezo do psiquiatra e disimular unha consulta para ver se me explica un pouco de que van as pílulas esas. Eu teño que relativizar todo o santo día e pérdese un tempo precioso que é precisamente o que gaña ese individuo pragmático que sempre sabe exactamente o que ten que facer e nun abrir e cerrar de ollos (ou de peto, que máis da) sitúase de ministro, conserxe, director de biblioteca, técnico de calidade, xerente, xefe de recursos humanos ou profesor asociado a tempo completo, no sei, por dicir algo. O resto das persoas que relativizamos perdemos un tempo precioso reflexionando. Actividade improductiva onde as haxa. Logo imos a consultas médicas inapropiadas que nos baleiran os petos. Reunímonos con amigas porque precisamos dese caldo primixenio que aínda se saborea na paleontoloxía social. Desconfiamos do noso macuto intelectual e perdemos un tempo precioso enchéndoo de verborrea filosófica que nos fan relativizar aínda máis. É de coña, non o digo de coña. Está claro que se un no se toma a coña acaba tomando relativizadores ¿ou pensades que ese siquiatra ténse por unha autoridade capaz superar un peer review sin terlle administrado antes un par de pastilliñas aos incautos expertos sexan pares ou non?

2 comentarios:

alma dijo...

Relativizate e deixa de dar a lata :)

Voz en off dijo...

Manda carallo: relativizadores....