fonte |
alá en pereiró fóra do balbordo deste campo de batalla hai unha poeta que berra versos !sal do meu puto poema! e o fai coa delicadeza punk dunha icona hiperreal con vestido negro axustadiño ao corpo mercenario e delicado que se ergue en finísimas e ameazantes puntas de tacón tamén negro tamén hiperreal así que eu sain do meu puto poema e deixeime levar qué pouquiño me custou voltar á posibilidade dunha illa a verdade é que son moi ben mandada é literal cómpre dicilo así que esperei fóra do meu puto poema e mira mamá silvia faloume de ti das túas unllas pintadiñas de rosa do vestido aquel que delicadamente cosías para que eu estreara no día de ramos e do zume das laranxas que lencei pola xanela e que aínda fermentan menos mal que silvia saiu do seu puto poema e soa Mazzy Star e podo voar como a rapaza do video grazas á guitarra de jesús porque o terror ten esa facilidade de agacharse alá en pereiró lonxe do bruído sordo do campo de granada hai un galiñeiro con pitos que poñen poemas e cántanlle ás eguas de patas pexadas, e o fan coa xenerosidade dun francotirador ucraíno con camisa de volvoretas, así que saín por pouco tempo do meu puto poema para meterme nos miolos dunha puta vez que non teño máis ángulos que a túa perpendicularidade, , , , , , , ,
as cursivas son verbas apañadas do poemario de silvia penas
"as unllas crecen". I Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey
grazas a silvia e jesus polo convite, se mo permitides, ei recuncar no galiñeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario