miércoles, diciembre 30, 2015

Orquesta Clasica de Vigo, orgullo para a cidade.


Onte, a Orquestra Clásica de Vigo agasalloun axs viguesxs cun concerto espectacular na que xa e una cita obrigada de cada Nadal con esta proxecto musical e pedagóxico de luxo con que contamos en Vigo.

Hai cen anos, tal e como lembra Stefan Zweig nas suas memorias "El mundo de ayer. Memorias de un europeo", xs cidadáns de centroeuropa abrían os xornais pola páxina de espectáculos antes de comezar a xornada de traballo. Zweig lembra a teima diaria coa que o persoal de servizo da súa casa consultaba as críiticas de óperas e teatro cunha paixón por manterse ao día das estreas e da cultura que hoxe resulta inédita. Logo do maxistral concerto de onte no Teatro García Barbón quixen imaxinar que o noso xornal tomaría nota e adicaría unhas cantas liñas á altura dun concerto que acadou o cheo total. De ilusions din que tamén se vive. O Faro Divino non deu artellado máis que un pobre parágrafo que non paga a pena ler porque nin informa nin convida a apuntarse a extraordinaria aventura que supón seguir as pegadas que esta fabulosa experiencia musical e pedagoxica significan para a nosa cidade.

Afortunadamente no progra de man Manuel Torres compuxo un extraordinario texto explicativo da función que é o correlato literario á altura da calidade musical do concerto. Seguro que non lle importa que o reproduza aquí, pois é a mellor información coa que podemos quedar xs que queremos manter na memoria as dúas deliciosas horas de onte. Velaí vai o texto:

   
Os clásicos son importantes e perviven no tempo non porque aparezan nun libro de historia ou porque alguén estea moi convencido da importancia dun autor ou outro. Seguen sendo lidos e estudados porque son atemporais, mostran historias que trascenden ao seu tempo e son capaces de conmover a persoas de distintas épocas. Seguen sendo vixentes. Este é o caso de Star Wars, unha saga fundamental que non só marca a tres xeracións distintas senón que, ademais, serviu para reformular o cine de ciencia ficción nos anos sesenta [...] Temas eternos como a loita entre o ben e o mal, xiros dramáticos propios das traxedias clásicas como a incapacidade para loitar contra o destino ou aspectos nos que se adaptan elementos do budismo e outras relixións. Recursos todos eles presentes nas grandes historias de dimensións épicas. Así comeza a historia de Anakin Skywalker e da súa condenación. Un heroe, segundo se recolle na cinta, chamado a devolver o equilibrio a forza que e tentado polo lado escuro. O reverso tenebroso que lle chaman, non é máis que outra forma de referirse ao acto poético de vender a alma. Traizoar a esencia e as conviccións construidas para alcanzar algo vetado. 
   Este é o tema que serve de fío conductor para este concerto, unha historia que se encarna coa obra de Fausto de Goethe...unha obra recollida por numerosos compositores do momento pola súa importancia para a configuración do idealismo romántico. Autores entre os que se atopan Richard Wagner e Héctor Berlioz, que poñemos en relación coa música de John Williams, no só pola temática e a épica das obras que tratan, senon pola estética da música sinfónica que compoñen.
   Fausto e Anakin Skywalker son dúas figuras semellantes que representan o espirito incansable do ser humano. Aquel ideal que busca a superación constante ante as limitacións do destino, neste caso co afan de abarcalo todo. Dous estudosos incansables que venderan as suas almas ao diaño para alcanzar o poder supremo. Nos dous casos veremos como se cruzara nas súas vidas a tentación dun lado escuro, algo en resumo prohibido. Mefistófeles no caso de Fausto e o emperador Palpatine -ou Darth Sidious- no caso de Anakin Skywalker, será os encargados de poñer sobre a mesa unha resposta que estes non daban acadado a través dos canais habituais. Dúas figuras que encarnan a tentación do camiño fácil para as mentes impacientes.
   Pero o desencadenante de todo non sera a posibilidade de explorar camiños prohibidos ou cuestionar o poder da "forza", especie de crenza na que se basea a relixión. que practican os personaxes da saga. Será a acción externa do medo ao inexorable da morte da muller amada o que inicie todo. Son eles os que intentan evitalo mediante o emprego das artes escuras, e a través delas caerán na súa propia trampa. Eles mesmos son os desencadenantes do destino terrible que tentan evitar. E aquí onde reside a traxedia e remata o tránsito ao lado escuro, condenando a Fausto a un mundo de maxia e viaxes no tempo e o espazo, e a Anakin tras a máscara dun malvado e implacable Darth Vader. Será a intervencion da amada de Fausto dende o ceo ou a acción de Luke Skywalker, quen redima a seu pai Anakin, liberándoo así do seu encerro interior e permitíndolle ver cos seus propios ollos. Unha acción que devolve o equilibrio a forza e otórgalle a salvación.


   Este concerto fía os conceptos das dúas historias e a estética das obras de Wagner e Berlioz coa música cinematográfica de John Williams para conseguir unha unidade baseada na diversidade. Estéticas musicais pensadas para o cinema que beben directamente da música sinfónica do século XIX, cuxo máximo referente e Richard Wagner. Componse asi mediante distintas obras un todo entorno, neste caso, ao tema do lado escuro e a condenación e redención dunha personaxe coma é Dart Vader. Porque detrás dun grande vilán hai unha grande historia.


   
Programa
Primera Parte
  • Main Title. A New Hope. John Williams (1977)
  • Anakin’s theme. The phantom menace. John Williams (1999)
  • Faust overture. Richard Wagner (1840)
  • Across the stars. Attack of the clones. John Williams (2002)
  • Light of the force. The return of the Jedi. John Williams (1983)
Segunda Parte
  • Here they come! John Williams (1990)
  • Faust. Marcha Rakuczy. Hector Berlioz (1846)
  • Imperial March. The Empire strikes back. John Williams (1980)
  • Duel of the fates. The phantom menace. John Williams (1999)
  • Battle of the heroes. Revenge of the Sith. John Williams (2005)
  • The throne room & Finale. John Williams

2 comentarios:

Ana Cosque dijo...

Eu non puiden ir, pero a que había unha percusionista boísima? ;-)
Orgullo de tía. Bicos!

Ana Bande dijo...

Pois si, e boisima, parabens Ana