sábado, marzo 05, 2016

Carol, Todd Haynes, Non, non é iso.

Non é iso. Non é iso, É o que que diría a miña admirada R.Ch. e o que a min non se me quitou da cabeza durante toda a longa metraxe que ocupa este filme nada inaudito. A amiga T.coa súa inmensa xenerosidade de espectadora sempre ten unha ferramenta crítica acaída e piadosa, pero xa non lle tiro partido á piedade, por moi erudita que sexa. Claro que haberá un subtexto moi interesante que convide a pensar no reverso do que cada un interprete coas dotes da súa razón. Pero aquí, en Carol, o que hai é un empalagoso, interesado e totalmente inauténtico tratamento dunha relación homoerótica que só é un pretexto para vender copias. A cámara só está para as sofisticadas poses da rubísima imprescindible e para as tamén artificiosas respostas da outra vez, ¡que cansazo", debilidade do sexo doblemente débil. Está claro que anda perdido o xénero dos que cicais non se cuestionan o seu propio ou a existencia definitiva do mesmo. O sexo segue a ser o tabú dunha sociedade que pensa que no explícito e convencional das formas moldeadas unilateralmente está a verdade.Non debería a fantástica K.B. prestarse a un conto tan malo coma este.  Sálvase a banda sonora musical, eso si. 

No hay comentarios: