viernes, septiembre 16, 2016

Philogelos (o amante da risa), Hierocles e Philagrios. Tradución de Oscar Soto e Margarita Seara.


Sempre é un pracer presentar aquí o libro dun amigo. Se ademáis está editado dun xeito tan fermoso como adoitan facer os Rinocerontes pois xa falamos de luxo. A cousa é de chiste, literalmente. Non atopo mellor xeito de dar pulo a este comezo de curso e este posible recomezo de diario que compartindo cicais algúns destes "chascarrillos" xa inventados hai milleiros de anos e que agora coñecemos grazas á tradución de Oscar Soto e Margarita Seara. Veña, velaí vai un ao chou:

(Eu imaxino a dous gregos esfarrapados que se atopan en dúas calellas máis aló do ágora onde adoitan platicar os homes bos da singular polis)

[vou coa sección de paspáns en homenaxe ao contexto sociopolítico e agropecuario actual]

Foi un paspán onde ao médico e díxolle: "Doutor, cando me ergo da cama síntome mareado media hora, e, despois, sen máis, pásame", ao que o médico retrucou: "Érguete media hora máis tarde".



No hay comentarios: