O exilio é xeito de ser
normalmente as exiliadas e os exiliados son mentes extraordinarias
premiadas pola sabedoría
persoas que acadaron un grado de insubornabilidade
logo dunhas vidas absolutamente adicadas á procura do coñecemento
de sí mismas
e por extensión, das outras
só unha xenerosidade tan extrema
como incomprensible para case todas nós
existiron, existen, seres desta natureza tan humana,
normalmente, as exiliadas, os exiliados, non gozaron de fama,
é unha condición da súa esencia fuxir dela coa mesma forza que lles empurra á imprescindible introspección que lle permite verse, ver o mundo case tal cal é
e....
a modiño, tentar amosarnos as súas beiras
ás que quedamos dentro do círculo amanerado do postureo intelectual
de xeito que
procurade outro nome para referirvos ás excrecencias da vosa pel morta
coa que tentades fundar novas igrexas
e non facedes máis que cavar fochancas para un futuro sempre estarrecedor
que nos borra de sotaque todo o escasamente aprendido delas, deles
daiann, recuérdame
https://cuadernoshispanoamericanos.com/el-retrato-oval-de-juan-gil-albert-o-el-reverso-de-la-revolucion/
No hay comentarios:
Publicar un comentario