martes, diciembre 05, 2017

Norah

Teño que me procurar destinataria para darlle saída a tanto pensamento inútil como se amorea nalgún recuncho do espazo. De seguro que tiña máis cousas que facer que acubillar pesados croios nunha terra maniña. Ahhh. Pero que deliciosa é a insoportabilidade do ser cando te pos a pasar o ferro e sentes que o maxín ven a agasallarte coa delicadeza dun pensamento inmarcesible. ¿a quen contarlle estes garabatos con volume, e son, e formas, e rima, e texturas e dunha dureza e teimosía tan  insubornable?. Norah. Cóntocho a ti. Non te coñecen. Ninguén saberá procurarte na arañeira que disimula chegar ao impensado. Mira que tranquilidade, ademáis. Agora que estamos soas, as dúas, caladas e sen ninguén amolando, no medio e medio do fervedoiro do ren de res que todo o sabe. Coitadas. Eiu vireui cada pouco, a ver se estás e ata mudarei de idioma, Norah, porque neste só atopo exemplos demasiado ecolóxicos, por chamarlle bonito, xa sabes que o terruño só me gusta para enzoufarme cando me peta pero escribir con el, Norah, querida, non podo. Teño deuses que plantexan sacrificios subordinados que non declinei nunca, e tampouco quero sangue, cunhas cantas grafías despeñándose polo ábatro do exceso, xa me chega. Vémonos Norah. Sinto non ser todo o revirada que mereces. 

No hay comentarios: