Mostrando entradas con la etiqueta pequenos desafogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pequenos desafogos. Mostrar todas las entradas

sábado, julio 21, 2007

Chameite Alma porque...

Chameite Alma porque
alguén quixo que unha biografía de Alma Mahler fixese todavía máis ledo aqueles días felices
nos que te somerxías no líquido amniótico.
Alma, sabía que o nome ías ser ti.
Non houbo erro,
e ademáis sempre te sentiches a gusto malia telo que deletrear unhas cantas veces.
Son os nomes os que ás veces nos constrúen, está ben que sexa así.
Amas a música e eres forte e intelixente como aquela muller que fixo perder os miolos a tantos xenios.
Hai persoas ás que é imposible non querer, van por aí agasallando ao ar, á terra, á chuvia, ao vento....
Alma Mahler por Oscar Kokoschka



Libros sobre de y sobre Alma Mahler:


Keegan, Suzanne. Alma Mahler, la novia del viento.
Mahler, Alma. Recuerdos de Gustav Mahler.El Acantilado.
Margarit, Isabel. Alma Mahler :la gran dama de la seducción. Barcelona : Planeta, 1994
Kokoschka, Oskar. Cartas a Alma Malher [traduccion de Elisabeth Flores].
Giroud, Françoise. Alma Mahler, o el arte de ser amada
PELÍCULAS
Bride of the wind de Bruce Beresford
Mahler, de Ken Russell

jueves, julio 05, 2007

Unha celebración e un desexo....


Aser A. Fdez. "Autorretrato"

Celebro aínda que con retraso, o primeiro aniversario deste blog cun desexo, que este autorretratado volva coller os tubos e os pinceis e me agasalle coa felicidade de velo disfrutar facendo unha das cousas que máis lle gostan, pintar, debuxar, manchar lenzos e máis lenzos. Certamente poucas cousas nos procuran máis felicidade que materializar os nosos pensamentos.

miércoles, junio 27, 2007

Un saúdo e unhas cantas recomendacións

Ando literalmente "queimada", cometín a imprudencia de quedar durmida na praia e agora sufro as consecuencias de este lamentable erro. Este suceso e outras miserias mantéñenme retirada momentáneamente pero non son que de deixar de asomar por aquí de cando en vez, aínda que só sexa para respostar aos ánimos do meu querido R.R.. Por mor dun proxecto que estou a piques de rematar ando de aquí para alá pola rede e entre as cousas que recollo e gardo aquí vos deixo este vídeo do xenial Oliver Sacks que atopei neste espazo de coñecemento. Se non sodes xa seareiros deste magnífico divulgador científico vos prego que tomedes conta de todos os seus libros. O achegamento á ciencia é moito máis doado da man dos máis sabios, que, curiosamente, son os que falan de xeito máis sinxelo e claro ¿por qué será?.

"Hasta que los estudiantes de humanidades no aprendan seriamente un poco de ciencia, hasta que la gente que estudia lenguas clásicas o literatura española no estudie también matemáticas, no estaremos preparando la mente humana para el mundo en que vivimos. Si no entendemos algo mejor el lenguaje de las ciencias no podemos entrar en los grandes debates que se avecinan. A los científicos les gustaría hablar con nosotros, pero nosotros no sabemos cómo escucharles. Este es el problema".

(George Steiner)




Oliver Sacks. Despertares.
Película baseada na obra de Sacks

martes, mayo 22, 2007

Leo na portada de Tempos Novos


Non pasa tódolos días atopar unha foto amiga nunha das túas revistas preferidas. Unha boa ocasión para presentarvos a Leo. Leo, xunto a Loló -a quen xa coñecedes-, e outra das grandes da época das esmorgas no noso Ourense de hai xa uns cantos anos.... O seu local "El Bar" era moito máis que un pub, alí estaban os mellores do mundo mudial, entre eles Roberto Ribao, o autor da foto, de quen xa tamén vos falei. O Rataplán de Loló e El Bar de Leo...cánto do que hoxe somos lle debemos a aquelas troulas ¿non si?

miércoles, mayo 16, 2007

Dedicatoria de Ramón Caamaño para Alma.

Con motivo da exposición do ano 2002 achegámonos a Ramón Caamaño. Viñamos de admirar os seus retratos e quixemos que Alma quedase coa lembranza do seu autor. As liñas rotas da grafía e as súas verbas falan dun home sinxelo e con moita personalidade que foin quen de nos transmitir a grandeza dun pobo a través dos retratos da súa xente máis pobre e traballadora. Non vén nada mal volver un pouco a vista e mirarnos hai só 60 anos. Teño comentado con compañeiros esta tendencia a pensar que sempre fomos ricos e consumistas e que nunca nos faltou de nada, e menos qué comer, pasa sobre todo cando imos fóra a países que aínda están nos nosos anos 70, por exemplo e os miramos dende arriba como asombrándonos moito do atraso que levan. Ver fotografías antigas da nosa familia, por exemplo, ou estes retratos de Ramón C. pode facernos un pouco menos fachendosos e valorar doutro xeito o desenvolvemento acadado grazas a xente como a que retrata R.C.

Aser e Alma

Amigo Antón:
tienes razón,
ya no quedan piratas.
Tú ya lo sabes, lo escribiste un día
-¿te acuerdas de tu irónica poesía-,
los han exterminado como ratas.
Tienes razón, la policía,
la gente de orden, la cultura
a la piratería
colgaron de los mástiles. Es dura
en estos tiempos profesion tan noble.
Sólo en sueños se debe
lanzar algún mandoble
heroico. No se atreve
la gente a ser pirata.
Ya no quedan ni miedos ni canciones
ni quedan rebeliones.
Tienes razón, tenemos mala pata.
Tienes razón
amigo Antón:
Ya no hay patas de palo
ni parches en los ojos,
ni asaltos bucaneros
a los barcos repletos de dineros;
todo son faramallas
en este mundo bueno, triste y malo,
en un mundo uniforme
en donde se elimina
al que no está conforme
con la legislación de la rutina.
Hoy viven los ladrones
de tierra adentro, de Bolsas con mayúscula,
los piratones
panzudos y sin riesgo, con un alma minúscula.
Pero aquellos piratas verdaderos,
aquellos bucaneros,
sangrando libertad por sus heridas,
se los llevó el pasado hacia sus playas
en embestidas
blandas como este mundo sin agallas.
Y no quedan piratas, rebeliones,
ya todos somos bueyes, bueyes, bueyes
para aguantar el yugo de las leyes
que en su provecho dan los piratones.
Yo desde el risco azul, yo desde el monte
la inmensidad marina oteo
y con todo el deseo
busco piratas por el horizonte.
Yo busco por la mar sus sangres bravas,
sus corazones duros, sus estelas
rebeldes y las velas
puras de libertad con que soñabas.
Y en las olas aprendo sus canciones
y estoy en este mar como un vigía,
día tras día,
robándole a esta mar sus corazones.
Que hacen falta piratas en el mundo
falaz y traicionero,
en el mundo del "pase usted primero"
para clavarte luego el puñal más profundo
Yo apunto haca este ma mis catalejos,
extiendo hacia el futuro mis dos brazos,
¡que vengan los piratas de lo lejos
para arrasar la tierra a cañonazos!
¡Que vengan los piratas!
Anímate conmigo,
amigo
Antón.
Depón
tus cerebrales ironías,
yo depondré las pocas mías
de blandengue algodón.
Gritaremos en serio
de cementerio en cementerio
(te ayudará Baltar),
de mar en mar:
¡Que resuciten los piratas!
¡Que resuciten los piratas"

NUESTROS PIRATAS, de Antón Tovar Bobillo

[EnTovar Bobillo, Antón. Poesía en castellano (1955-1973). Pág.219]

Aquela poesía mecanografiada que traías sempre na carteira que falaba de piratas...pasaron vinte anos e aquí está completa. As cousas non mudaron moito, semella. Para tí e a fermosa moza que é agora esa pequecha da foto.

jueves, mayo 03, 2007

Un post para as miñas teenagers... en especial para Miriam.


Este post vai para Miriam, unha amiga de Alma que segundo parece ten uns gustos musicais moi atinados. Pois para vós aí van unhas ligazóns a xeito de semente para ver se agroma nun grupiño de fans de tineillers deste meu humilde espazo virtual. Xa sei que non vou competir cos vosos flamantes fotologs pero un minutiño á semana ven mo podíades adicar ¿ei ruliñas?

Marcos Couso "Sokram", o seu fotolog.
O grupo vigués ECTOPLASMA ten unha boa web.
Subacuática é un espazo adicado ao graffiti, neste espazo coñecín ao Nanno, o noso grafiteiro vigués. Esto vai para algunha de vós que se está decidindo a facer belas artes....ejem...
Outro día se vos portades ben e vexo o comentarios vosos vos poño máis e mellor. Bicos.

miércoles, abril 25, 2007

O soño da vaca namorada....



Veño de contar no Contasoños o xa famoso pesadelo dunha vaca madrileña que se namorara de min. Sen comentarios...
Aproveito para reflexionar sobre esto.

[Adicado a Susana C. para que soñe comigo]

jueves, abril 12, 2007

Vouvos contar un secreto...e un soño.

[Foto: Arume]
Teño que confesarvos que ás veces fago uso dos vosos espazos para insertar algunha deposición (que diría o meu amigo can sen dono) que por algún motivo non vexo moi acaída para este meu espazo. Foi o caso deste soño, que metín hai uns días nun comentario de contasoños, un blog que vos recomendo, e que veñen de publicar. A foto que nos achega Arume da súa viaxe a Viena tivo a culpa porque nada máis vela púxenme a escribir ao momento. Pos aí vai o soño.

Devecía por viaxar a Exipto e a oportunidade cheogou aínda que fose nun soño. Alí estaba eu no medio e medio do amarelo, do verde e do azul. Os ollos xa os tiña do color da arenisca e tódolos días a todas horas sentía o meu corazón tremendo coa mesma emoción que xa sentira cando puxen o pé no asfalto do aeroporto. Tiña moito que facer aquí e eran poucos os días, pero de todas as marabillas a máis importante para min, aínda sen saber o motivo, era baixar o Nilo nunha faluca coa súa enorme vela. O soño ata aquí parece unha experiencia pracenteira pero aínda que non o creades tratouse dun verdadeiro pesadelo porque malia os meus esforzos os días pasaban e non atopaba xeito de facer realidade o meu desexo. Cada mañá saía máis cedo do hotel co firme propósito de chegar a tempo de pillar unha praza pero en canto me achegaba ao peirao, enormes ringleiras de turistas facíanme desistir e aproveitar o día noutra actividade. E así un día e outro, e cada hora que pasaba a miña anguria crecía e xa non había momia, papiro, pirámide ou paisaxe que me quitase da cabeza o paseo en faluca. Chegou o último día e tiña que tomar unha determinación. Entón decidín camiñar ata o embarcadoiro máis próximo e durmir alí mesmo. Quedei durmida sentada nunha escaleira que se perdía na auga do Nilo e pouco a pouco o balbordo e os empurróns da xente fixéronme acordar de súpeto. Xa non vía a auga entre os milleiros de cabezas que corrían cara a faluca e entón decidín abrirme paso empurrando eu tamén ata que albisquei o que eu naquel intre pensaba que era a punta do velame da faluca. Cada centímetro que avanzaba aquel velame trocábase nunha forma misteriosa ata que cheguei ao derradeiro chanzo. As xentes entolecidas tirábanse á auga para chegar ata EL. A faluca non era tal. Era un enorme sarcófago flotante cun falo duns cincuenta metros de altura que atraía poderosamente a tódolos turistas que devecían por chegar a él como se lles fora a vida no asunto. Malia os empurróns e os berros quedei rezagada ollando o espectáculo e tratando de asimilar o significado da escea.

(Da foto o único que habería que mudar son as dimensións da "vela").


miércoles, marzo 21, 2007

Dia da poesía...imos probar...

Foto de Man Ray A face of anatomy
Unha paixón
inducida
unha sobredose
de dopamina
inxectada
sen pensar,
como fan os rapaces,
asi,
por probar,
probar
que estou vivo,

probar sensacións,
esquecidas,
meter a cabeza
baixo a agua e non saír
ata case afogar
o que non sabía
era esta maldita
reacción
do corpo,
da alma,
da mente,
esta anguria,
esta especie
de mono,
non inducido
agora,
o que toca
e deixar que o reloxo
faga o seu traballo,
ou voltar
ao comezo
e sen querer aprender
.....nada.....
...nada...
.nada.
Besbellinha lembrome que hoxe tamén é un día internacional de algo, e como son atrevida de máis comparto con vós uns versiños.