miércoles, diciembre 05, 2007

Howl, Allen Ginsberg, ao xeito de.

Vin ás mellores mentes da miña xeración estourar de infelicidade por non ser quen de chorar a tempo.
Vin como os mozos traballaban arreo para mercar soños.
Vin aos pais pechar as portas aos fillos porque non eran quen de escoitalos.
Vexo medrar día a día ao Moloch no medio e medio das oficiñas.
Vin mendigar polas rúas aos replicantes na procura dunha mirada.
Vin afogados e suicidas que non atoparon moitas verbas nos diccionarios.
Vin antigas civilización sinalando a nada.
Vin poesía sen poetas.
Vin a uns valentes entrar no labirinto para loitar con cen tigres.
...
Prezado Apicultor, grazas pola recomendación, só me queda atopar a un nativo que me recite este maxistral poema ao xeito do A.G.

7 comentarios:

apicultor dijo...

A falta dun nativo en vivo e en directo, velaí ten ao actor italoamericano John Turturro recitando Howl.

Recíbao como un agasallo deste seu seguro servidor.

apicultor dijo...

E aquí o propio Allen Ginsberg recitando tamén Howl.

De la Highway 61 dijo...

And it's a hard, and it's a hard, and it's a hard, and it's a hard, and it's a hard raiiiiiiiiin, a-gonna fall.

cave canem dijo...

A beat generation con todos os seus excesos/defectos, o de la highway 61 (número cabaístico) co seu Dylan de fondo sonoro... On the road again!
Sempre nómadas (no espazo, no tempo), sempre na viaxe, sempre de paso (aí nace o alarido: Howl).

De la Highway 61 dijo...

Bueno, que conste que para Chiquito de la Highway 61 o alarido é JAARL, non Howl, pero en fin, que vale. E coidado co can.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Amiga Anabande, desque vostede deixou a tardiña cuveña os días fanse longos pero o blogue arde.

Ana Bande dijo...

Prezado Arume, non foi para ben este cambio, voume dar un tempiño pero moito me temo que ei voltar para o meu querido recuncho. Apertas!