miércoles, marzo 12, 2008

Non penses nun elefante, George Lakoff


Hai quen asegura que ZP aprendeu de memoria este manual de estilo para progresistas. Agora que saíron as notas non teño dúbida. Aprendeuno e asimilouno perfectamente. Trátase das conclusións dun reputado lingüista norteamericano sobre a superioridade persuasiva do discurso conservador. Aínda que se fale da política dos U.S.A., o texto é perfectamente extrapolable a nosa lonxitude (a latitude ven ser a mesma). A grandeza do pensamento conservador (xa saben o que gosto dos oxímorons) non está tanto na profundidade intelectual do seu relato senón nas inxente cantidades de sanguedólares investidos nos famosos think tanks que fabrican intelectuais just in time para arranxar tódalas viraxes progresistas tan molestas e persistentes coma eses tornados que desmelenan cada pouco as anquilosadas conciencias dos americanos con segunda hipoteca. Lakoff insiste na teoría do marco para explicar as eivas do discurso progresista. Segundo él, a esquerda non convence porque constrúe o seu discurso coa mesma materia prima que os conservadores. Cando fala a esquerda non poden evitar "pensar no elefante" (o símbolo da dereita) de xeito que non só non convencen, senón que contribúen a reforzar as ideas do "inimigo". Lakoff fai unha análise do discurso político ben sinxelo e acertado, ademáis de optimista. Os progres levamos moito retraso, aínda non temos tomadas as universidades, non temos aínda montada unha infraestructura intelectual proactiva que nos teña preparado o argumento xusto no momento oportuno, é máis, Lakoff mesmo desconfía de que os progres teñan claro o seu propio sistema de valores. Son bos consellos para loitar nesta area, pero se non nos gusta o escenario do xogo, o libro e máis do mesmo. A arte de convencer aínda que non se teña razón. E aí veñen os lingüístas reconvertidos en técnicos de marketing para axudar aos que teñen que convencernos da xustiza da suba dos prezos, da necesidade das guerras e dos danos colaterais e da pertinencia dos novos pecados capitais. [Fonte da foto]
VERSIÓN EN CASTELLANO
Hay quien asegura que Zapatero se aprendió de memoria eu de memoria este manual de estilo para progresistas. Ahora que salieron las notas no tengo duda. Lo aprendión y lo asimiló perfectamente. Se trata de las conclusiones de un reputado lingüista norteamericano sobre la superioridad persuasiva del discurso conservador. Aunque trate de la política de los U.S.A., el texto es perfectamente extrapolable a nuestra longitud (la latitud es la misma). La grandeza del pensamiento conservador (ya saben de mi afición al oxímoron) non está tanto en la profundidad intelectual de su relato sinó en la ingente cantidade de sangredólares invertidos en los famosos think tanks que fabrican intelectuales just in time para corregir esos giros progresistas tan molestos y persistentes como los tornados que desmelenan cada poco las anquilosadas conciencias de los americanos con segunda hipoteca. Lakoff insiste en teoría del marco para explicar los fallos del discurso progresista. Segú él, la izquierda no convence porque construye su discurso con la misma materia prima que los conservadores. Cuando hala la izquierda no puede evitar "pensar en el elefante" (símbolo de la derecha) de modo que no solo no convence, sinó que contribuye a reforzar las ideas del "enemigo". Lakoff hace un análisis del discurso político sencillo y acertado, además de optimista. Los progres llevamos mucho retraso, aún hemos tomado las universidades, carecemos de unha infraestructura intelectual proactiva que nos anticipe el argumento justo en el momento oportuno, es más, Lakoff incluso desconfía de que los progres tengan claro su propio sistema de valores. Son buenos consejos para luchar en esta arena, pero si no nos gusta el escenario del juego, el libro es máis de lo mismo: otro libro de autoayuda para políticos en apuros. El arte de convencer aunque sepamos que no no asiste la razón. Y aquí entran los lingüístas reconvertidos en técnicos de marketing para ayudar a los que tienen que convencernos de la justicia de la subida de los precios, de la necesidad de las guerras con sus daños colaterales y hasta de la pertinencia de los nuevos pecados capitalis. [Fuente de la foto]

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Ana, un cronopio te agradece esta reseña. Por lo que comentas creo que sería necesario que todos los cronopios leyéramos el libro -cosa que dudo dado nuestra propensión al caos-

apicultor dijo...

O tal Lakoff estivo, se non estou trabucado, no grupo de expertos internacionais que colaborou co programa socialista.

Non lle lin o libro e non podo opinar sobre el.

E non faga moito caso, Ana, dese informe que colga sobre os Think Tanks: contém verdades, medias verdades, esaxeracións e mentiras, todo mesturado e ben revolto para promocionar a sempiterna "visión conspirativa do mundo". Se o abate Barruel levantara a cabeza!

câosemdono dijo...

Levámola clara. Entraron os técnicos de márketing como cabalos na cacharreiría ideolóxica e velaí o resultado: por exemplo, o importante xa non é qué dixeron os candidatos nos famosos debates-fetiche, senón quén (disque) gañou. É dicir, a importancia das cores dos traxes e dos caretos broncíneos dos candidatos cando o seu bagaxe ideolóxico e a súa inconsistencia discursiva (por non falar da pueril manipulación das estatísticas) non se sabe se da máis risa que medo. A lista de profesións ou oficios con presunción de quinquismo amplíase: ós constructores e ós vendedores de coches de ocasión súmolles os publicitarios, verdadeiros axentes fagocitadores da intelixencia social da xentiña, como os zombies devoradores de cerebros das pinículas de serie B ideolóxica... Outra versión da santísima trinidade da postmodernidade nihilista. Para mín que Oscar Wilde tería hoxe un perfecto leitmotiv para un sainete dos seus: A importancia dos nós das garavatas en tempo de eleccións.

Contra esta xentalla sen código deontolóxico e coa mesma ética que un equipo de fútbol italiano, para o que só contar gañar, ¿se poden formular follas de reclamácións?. Se é así, delego en vostede e no Apicultor, expertos nesas lides.

Ana Bande dijo...

Cronopio, grazas a ti pola visita. Non crea que recomendo moito o libro, son cousas xa sabidas, recetas para políticos que só procuran consolidarse no poder a toda costa. Mellor siga cos cronopios e os famas, son reflexións de moito máis proveito.
Api, amigo,
A verdade e que a ligazón que colguei dos think tank non é moi axeitado, pero habelos, hailos, e ben organizadiño que o teñen todo para montar corporacións chuchasangues a costa do resto do mundo. Levan décandas funcionando, sa é sabido. O peor así e todo é que a esquerda quera camiñar pola misma corredoira. Non me gusta a literatura autocrítica dos USA pero o novo libro da Naomi Klein élle ben clariño en todo esto. A teima por atopar mecanismos cada vez máis refinados para inflixir dor no "inimigo" (todo o que non pensa coma eles) non é cousa só do pasado, pero claro, como dixo o infame de Mariano, nós facemos política non estamos todo o día remexendo no pasado. Arríscome a quedar como unha verdadeira ignorante pero ¿quen era o abate Barruel?
Canciño,
Coma sempre, as súas verbas non só reflexan verdades palmarias senón que son un prodixio de oratoria.

apicultor dijo...

Abbé Augustin Barruel (October 2, 1741 - October 5, 1820) was a French Jesuit priest. He is now mostly known for documenting the conspiracy theory involving the Bavarian Illuminati and the Jacobins in his book Memoirs Illustrating the History of Jacobinism (original title Mémoires pour servir à l'Histoire du Jacobinisme) published in 1797. In short, Barruel wrote that the French Revolution was planned and executed by the secret societies.

Tirado da Wiki. Non me faga traducir que é moi doado de entender.

arume dos piñeiros dijo...

Think tank é o mesmo que thin tanga?

r.r. dijo...

Joder Ana, vasme facer ler o libro? Cóntanos algo máis, ho! Vaale, pois préstamo...

Ana Bande dijo...

Arume, vostede sempre pensando no mesmo, aproveite a semana santa para santificar un pouco máis esa mente pecadenta.

RR,
Non, RuRu, non penso distraer a súa mente creadora con esta literatura tan prosaica, si tal retomamos a nosa teima amanuense e cóntolle un pouco máis polo miúdo ... e polo privado.

r.r. dijo...

Oig, por dios! ;-P

Vaime pasar ese enderezo electrónico que lle pedín e esa recensión por privi?

Ana Bande dijo...

Ok,RR, mira que facerme traballar en plena SS...esto cobrareillo en entradas de preferencia na primeira representación de LDeS