viernes, marzo 28, 2008

Tendais

Foto: Ana B.B. O Cairo, decembro 2007.

Non sei se vos ten pasado, pero esto da rede semella un bucle, ás veces pensas que navegas nun océano infinito de bits e de súpeto tocas a parede, como no Show de Truman. Algo parecido me pasou con esta foto. Estaba a piques de colgala cando atopo que o o Rabudo ven de organizar unha especie de concurso de fotografías de tendais. Pois nada, paso de post e vos deixo coa ROUPA TENDIDA de Nacho M.Fole. A de cousas que poden contar as tendedeiras.

CASTELÁN. No se si os habrá pasado, pero esto de la red parece un bucle, a veces piensas que navegas en un océano infinito de bits e de repente tocas la parede, como en el Show de Truman. Algo parecido me pasó con esta foto. Estaba a punto de colgarla cuando me encuentro con que o Rabudo acaba de poner en marcha una especie de concurso de fotografías de tendales. Pues nada, paso de post y os dejo con ROUPA TENDIDA de Nacho M.Fole. La de cosas que poden contar los tendales.

11 comentarios:

Lula Fortune dijo...

Pero qué porcos están eses panos ¿non? ¿Seguro que estaban lavados ou a dona/dono decidiu "airear os trapos sucios"?. Bicos.

Ana Bande dijo...

Esta tendedeira é unha metáfora maxistral da miseria. A fixen no Cairo mentres os conductores da "fragoneta-taxi" "negociaban" coa "policía" para que lles quitasen a "multa" por levar unha "matrícula" doutro "distrito". Nese tempo perdinme por estas ruelas e unha preciosa cairota de ollos verdísimos baixou para levarme á súa casa. Debínlle parecer un obxecto curiosísimo. Esas casas que vostede ve na foto, totalmente agochan moita miseria tamén no interior. A bela rapaza levoune a un cuarto donde había unha señora mayor moi enferma. Tiña os ollos tan afundidos que daba medo caer por eles e a suor da febre semellaba unha capa de óleo para conservar o cadavérico rostro. Penso que a rapaza quería animar un pouco a esta enferma levándome á súa presenza. Pouco puden facer, collína da man, e vin que os seus beizos traballaban un sorriso de agradecemento. Naquel momento asomaron na porta tres rapazas aínda máis fermosas adobiadas coas cores das especias. Semellaban talmente saídas das mil e unha noites. Tal foi a emoción que quixen retratalas para levar unha lembranza súa, pero non puido ser, non me deron permiso para as fotografias. E agora agradézollo porque teño o seu rostro impreso perfectamente na miña memoria. A rapaza dos ollos verdes veu acompañarme ata a rúa e na súa expresión adiviñábase un gran desexo.

Blanca Vázquez dijo...

Gracias de nuevo por tu visita. Es un honor conectar con la tierra de mis raices, porque yo provengo de Pontevedra, aunque nací y vivo en el País Vasco. Mis padres y demás familia es de Pousa, un pueblito cerca, y las raices más lejanas se van hasta Portugal. Por tanto un disfrute pasar por aquí.

Lula Fortune dijo...

Está claro que a miseria a "airean" cara a dentro. Este coment merece ser un post, si señora. Bicos emocioados.

apicultor dijo...

Asombrosa historia a que conta, Ana.

En efecto, debería ser un post ese texto. Do mellor que ten escrito.

Ana Bande dijo...

Blanca,
Pois sendo así queda vostede incluida no blogomillo, benvida pois á terra dos seus pais aínda que sexa de xeito virtual.

Lula e Apicultor,
Grazas, sí se precisan as vosas fermosas e doces verbas para ter folgos de continuar ás veces. O maravillosoa é a historia, as verbas non abondan para describir momentos como aquel.

Lula Fortune dijo...

Señora Bande, pase polo meu blog quelle vai facer ilusión (eso espero). Bicos.

Pía dijo...

Ás veces, a vida deixanos en exposición, incluída a nosa tristura. Como a roupa do tendal.

Descubrín este blog por casualidade, buscando referencias. Sempre de mulleres. Unha gozada as coincidencias! E gústanme os teus comentarios!
A segunda vez que entrei, sen a présa da primeira, xe me dei conta das pinturas... É tremendo o pouco que coñecemos ás persoas ás que chamamos familia. Ao principio non sabía que pasaba. E unha das entradas foi a de Alma Mähler. Tras un pouco de buceo no blog deime conta. Celebro o encontro na rede!

Xa hai un tempo que quería compartir a casualidade. E pedir desculpas polo noso encontro na Casa do Libro en Vigo. Colleume de sorpresa e mirando libros "prohibidos". Corteime. Ás veces o tabú que nos impoñemos nos fai caer na imbecilidade.

Collín forzas agora e mándovos toda a calor que me permite internet. Douvos o abrazo que non puiden dar o outro día.

Ana Bande dijo...

Querida Pía,
Estou en blanco, malia tódalas "pistas" que das non atino e polo agarimo que amosas gustaríame respostar axeitadamente prégoche que establezas contacto conmigo para que saiba verdadeiramente quen eres.
ambb@uvigo.es

Ana Bande dijo...

Querida Pía,
Estou en blanco, malia tódalas "pistas" que das non atino e polo agarimo que amosas gustaríame respostar axeitadamente prégoche que establezas contacto conmigo para que saiba verdadeiramente quen eres.
ambb@uvigo.es

Ana Bande dijo...

Logo de falar co autor das pinturas xa nos decatamos de quen eres. Non se precisan disculpas e me din que no próximo encontro ao café estás convidada. Bicos e apertas.